Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Montaña:Fuentes Carrionas (26 febreiro-1 marzo)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 26 Febreiro
Finaliza: 1 Marzo
Categoría:

Fuentes Carrionas (26febreiro-1marzo):   Travesía con vivac do Alto Carrión (Montaña Palentina)  A Integral da Montaña Palentina consiste en percorrer toda a dorsal que, partindo do  Curavacas, enlaza coas Tres Provincias polo Ves, e dende alí por Las Cuartas, Murcia.. ata o Espigüete. Unha distancia teórica de 30 km, que se pode alongar ascendéndose  o Peña Prieta, supérase un desnivel acumulado de aproximadamente 3400 m e  practicamente nunca se baixa dos 2000 m de altura, sendo o seu teito o Curavacas con 2520 m.  Información útil  Comezo (lugar, hora…):    Sábado 26: Vidrieros 7:30h    Transporte:  coches particulares Material:  Os participantes deben     contar     co     material     básico: piolet,  crampóns e casco (o clube ten un número limitado deste  material que podedes solicitar).   Material     xeral recomendado travesía: botas cramponables  ríxidas ou semirríxidas, polainas, roupa de abrigo para  condicións invernais, luvas, protección solar, mochila de  30-40L, cantimplora ou bolsa tipo camel, barritas ou comida de  ataque, comida para cear e almorzar, frontal, fornelo.    Material técnico último día: doble piolet, arnés, casco, material  de progresión: friends, fisureros, tornillos, cintas e material  para asegurar e rapelar.  (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso).  Pernocta:  Vivac. Levar tenda ou funda de vivac.    Requisitos para  participar:  Para a travesía: ter feito algún “coñece a montaña invernal” ou  saber progresar e autodeterse en montaña invernal.   Último día: ter participado nalgún “coñece o material de  progresión na escalda clásica” ou ter experiencia neste terreo. Información técnica  Actividade de montaña  DIA 1  Descripción da actividade a realizar   Saíndo de Vidrieros, remontamos as Curavacas polo Callejo Grande (F+, III/1) e  continuamos pola súa dorsal, para enlazar a cresta do Alto Carrión ata os campos de  Xibraltar, onde instalaremos o vivac. (Según o horario pódese subir a Tres Provincias e  Peña Prieta o mesmo día, ou deixalo para o segundo día).    DIA 2  Descripción da actividade a realizar   Seguiremos a cresta e os seus cumes (Guadañas, Malas, Murcia, Hoya de Martín  Vaquero…) para rematar coa subida ó Espigüete, pola Norte Clásica (PD, III/1) ou pola  cresta NO (AD, III/2-), e a baixada a Cardaño de Abaixo.  ________________________________________________________________________________  Info:   Desnivel acumulado positivo: 3575m  …

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Venres 18 de Febreiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Fuentes Carrionas (26febreiro-1marzo):  
Travesía con vivac do Alto Carrión (Montaña Palentina) 

A Integral da Montaña Palentina consiste en percorrer toda a dorsal que, partindo do 
Curavacas, enlaza coas Tres Provincias polo Ves, e dende alí por Las Cuartas, Murcia..
ata o Espigüete. Unha distancia teórica de 30 km, que se pode alongar ascendéndose  o Peña Prieta, supérase un desnivel acumulado de aproximadamente 3400 m e 
practicamente nunca se baixa dos 2000 m de altura, sendo o seu teito o Curavacas con
2520 m. 
Información útil 
Comezo (lugar, hora…): 
 
Sábado 26: Vidrieros 7:30h 
 
Transporte: 
coches particulares
Material: 
Os participantes deben     contar     co     material     básico: piolet, 
crampóns e casco (o clube ten un número limitado deste 
material que podedes solicitar).  
Material     xeral recomendado travesía: botas cramponables 
ríxidas ou semirríxidas, polainas, roupa de abrigo para 
condicións invernais, luvas, protección solar, mochila de 
30-40L, cantimplora ou bolsa tipo camel, barritas ou comida de 
ataque, comida para cear e almorzar, frontal, fornelo. 
 
Material técnico último día: doble piolet, arnés, casco, material 
de progresión: friends, fisureros, tornillos, cintas e material 
para asegurar e rapelar. 
(Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso). 
Pernocta: 
Vivac. Levar tenda ou funda de vivac. 
 
Requisitos para 
participar: 
Para a travesía: ter feito algún “coñece a montaña invernal” ou 
saber progresar e autodeterse en montaña invernal.  
Último día: ter participado nalgún “coñece o material de 
progresión na escalda clásica” ou ter experiencia neste terreo.
Información técnica 
Actividade de montaña 
DIA 1 
Descripción da actividade a realizar  
Saíndo de Vidrieros, remontamos as Curavacas polo Callejo Grande (F+, III/1) e 
continuamos pola súa dorsal, para enlazar a cresta do Alto Carrión ata os campos de 
Xibraltar, onde instalaremos o vivac. (Según o horario pódese subir a Tres Provincias e 
Peña Prieta o mesmo día, ou deixalo para o segundo día). 
 
DIA 2 
Descripción da actividade a realizar  
Seguiremos a cresta e os seus cumes (Guadañas, Malas, Murcia, Hoya de Martín 
Vaquero…) para rematar coa subida ó Espigüete, pola Norte Clásica (PD, III/1) ou pola 
cresta NO (AD, III/2-), e a baixada a Cardaño de Abaixo. 
________________________________________________________________________________ 
Info:  
Desnivel acumulado positivo: 3575m  
Distancia: entre 30 e 41 km 
Tente Lagunilla. Guía de escaladas y ascensiones. Curavacas y Espigüete. Edita: 
Asociación Cultural La Escalera. 2018. 

 

DIA 3 
Queda aberta os participantes e as condicións da montaña. 
Plantearase realizar algunha cascada ou corredor que se atope en condicións (necesario levar doble piolet). 
 
Responsables: Antón, Maite e Manu 
Contacto: [email protected] 
Sección: Montaña/Escalada. 
 

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID:

FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)
Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón