Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

GR56 Transourensán 1ª etapa: Ourense-A Virxe do Monte

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 5 Setembro
Categoría:

GR56 Transourensán 1ª etapa: Ourense-A Virxe do Monte O vindeiro domingo 5 de setembro, retomaremos o noso GR56 que vai desde Ourense ata Manzaneda. Neste caso recorreremos o seu primeiro tramo de uns 20Km dende Ourense ata A Virxe do Monte. A ruta e lineal polo que contrataremos un microbus para a volta. Descripción da…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

GR56 Transourensán 1ª etapa: Ourense-A Virxe do Monte

O vindeiro domingo 5 de setembro, retomaremos o noso GR56 que vai desde Ourense ata Manzaneda.
Neste caso recorreremos o seu primeiro tramo de uns 20Km dende Ourense ata A Virxe do Monte.
A ruta e lineal polo que contrataremos un microbus para a volta.

Descripción da ruta
1º tramo do Transourensán: dende o edificio Politécnico, hacia Mende, pasando polo Castro de San Tomé, Cachamuiña, Ordelles, San Pedro de Rocas, ata o lugar da Virxe do Monte. (aprox. 7 horas, 20km e uns 500m de desnivel)

Comezo (lugar, hora…):
Saimos o domingo día 5 ás 9:00, do Edificio Politécnico (Campus universitario, Ourense)


Transporte:
Regreso en microbús
Material recomendado:
calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar,  auga e comida para pasar o día.

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prazas limitadas ao microbús disponible, de regreso (podería sumarse alguén maís se ten quen o recolla no lugar de finalización).
Prezo :Custe do microbús de regreso a Ourense

FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Organiza:Ana Dios

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón