Saída de fin de semana para rutear pola Serra do Courel con pernocta no refuxio da FGM que ten na Seara.…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 02 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Información útil
Comezo(lugar, hora…): Sábado día 12 de outubro ás 10:15 nos arredores biblioteca de Quiroga. Como referencia ó chegar a Quiroga a man dereita veredes un parque infantil grande. Alí estaremos esperando.
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga, saco de durmir para o refuxio.
Pernocta: No refuxio da FGM no pobo da Seara. Existe a posibilidade de que a xente participe nun día se non poden vir toda a fin de semana. No refuxio non hai cociña, ainda que sí un lugar no que é posible cociñar levando cada un os utensilios necesarios (fornelo, menaxe, etc).
Prezo: Refuxio na Seara: 5 euros federados. Se considera federado tamén os de 1 día. Temos pendiente de confirmación a visita guiada o museo xeolóxico de Quiroga o Domingo á tarde, punto que confirmaremos máis adiante.
Sábado
RUTA A SEARA – RUGANDO: PRG 191
- horario3h’
- desnivel de subida240m
- desnivel de baixada240m
- distancia horizontal10km
- tipo de percorridoIda e volta
- severidade do medio natural1
- orientacion no itinerario2
- dificultade no desprazamento2
- cantidade de esforzo necesario2
Realizaremos parte de esta ruta de sendeirismo ata a aldea de Soldón , voltando polo mesmo camino e con un total de 10km. Este camino recupera o que seguía a xente ó longo do río Soldón por onde
se baixaba o ferro dende os xacementos do monte Formigueiros ata as ferrerías de O Mazo, Outeiro, Rugando e Parada Seca. Puntos de interese: Ferrería do Mazo, Val do Río Soldón. Comida de picnic.
Domingo
RUTA DA FERVENZA DE VIEIROS
- horario1h30′
- desnivel de subida155
- desnivel de baixada155
- distancia horizontal4,8km
- tipo de percorridoIda e volta
- severidade do medio natural1
- orientacion no itinerario2
- dificultade no desprazamento2
- cantidade de esforzo necesario2
Ruta de 4,8 km. que discurre dende a Seara ata a a Fervenza de Vieros con unha espectacular caída de 30m. e con auga todo o ano.