SENDEIRISMO INFANTIL SEQUEIROS DE MOSTAD E COVA TRAS A LASTRA – O COUREL: Ruta de sendeirismo circular que percorre un fabuloso Souto e Sequeiros en Mostad cunha grande cantidade de castaños centenarios. A ruta é sinxela cunha distancia de 5,70km. e 2,30 horas de duración aprox. Os Sequeiros son edificacións de pedras adicadas ó secado…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
SENDEIRISMO INFANTIL SEQUEIROS DE MOSTAD E COVA TRAS A LASTRA – O COUREL:
Ruta de sendeirismo circular que percorre un fabuloso Souto e Sequeiros en Mostad cunha grande cantidade de castaños centenarios. A ruta é sinxela cunha distancia de 5,70km. e 2,30 horas de duración aprox. Os Sequeiros son edificacións de pedras adicadas ó secado da castañas con dúas alturas: arriba para as castañas recollidas e abaixo é onde se acende o lume para secalas.
Pola tarde subiremos á cova Lastra ó Tras a Pala no complexo calizo de Mostad, moi preto dos soutos e Sequeiros que percorreremos de mañá. A cova é moi doada, non fai falla sistema vertical, non ten auga aunque pode haber algo de humidade.
Os rapeces deberán ir sempre acompañad@s dun adulto responsable.
Información da zona:
Mostaz é una poboación dentro do concello de Folgoso do Courel situada a unhos 930 m. de altura.
Nos arredores atopamos as minas romanas de Torubio Este e Oeste. A uns 500 m. está a cova de Lastra ó Tras a Pala, pola que se poden camiñar 260 m. con estalacticas y estalacmitas.
Da formidable presenza de Sequeiros na zona temos que destacar que estes conservados no Courel teñen algunas características particulares. Normalmente se atopan no medio dos soutos pero hai otros nas aldeas. Son construcción de pedra de dous pisos e teito de pizarra, nos que se leva a cabo o secado da castaña. Estos dous pisos sepáranse por un piso de madeira de castaño, láminas lisas por riba e con forma de cuña por debaixo (as riplas). Cando os donos do sequeiro recolectaban una grande cantidade de castañas as depositaban no piso superior o caniceira. Nel, as riplas están lixeiramente separadas, o xusto para que non se caigan e o fume e a calor do lume(remoleiro) penetre na planta de enriba.
O lume permanecía acendido día e noite e o proceso podía durar 15 ou 20 días. A miudo os Sequeiros eran habitados durante este proceso. Unha vez seca a castaña se golpeaban cun tocón de madeira ( traballo da pisa). As castañas xa pisadas se puñan nun caixon de madeira (bandoxo) no que cun movemento acompasado se conseguía a
separación da castaña da pel.
A castaña así se mantiña durante todo o ano e só necesitaba una rehidratación para ser consumida.
Data límite para a inscripción
Mércores 28 de abril a través do formulario.
Información útil
Comezo (lugar, hora…):Sábado 8 maio ás 10:45 no parking exterior do Acampamento de Folgoso de Courel.
https://goo.gl/maps/RmZfLXnFVKNAy3RH8
Transporte: Medios propios.
Material recomendado:
Calzado lixeiro de montaña, xa que pasaremos algúns tramos co chan húmido e esvaradizo; roupa cómoda e de
abrigo ,auga e comida para pasar o día, frontal ou linterna e ropa de recambio
Requisitos para participar:
Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo :Actividade gratuíta
En caso de mal tempo a actividade suspenderase.
Prazas limitadas
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión