Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Interclubs esquí Andorra 11-18 xaneiro 2025

Actividade Navegación

Comeza: 11 Xaneiro
Finaliza: 18 Xaneiro
Categoría:

                    INTERCLUBS ESQUÍ ANDORRA 25  Interclubs Esquí Andorra 25 DESCRICIÓN: é unha “viaxe branca” (con saída do 11 ao 18 de xaneiro), dende Galicia a GrandValira (Andorra), organizada por Clubs de Montañismo, dunha semana, na que cada participante pode escoller, a maiores do paquete básico, contratar voluntariamente…

Inscripción

As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.

Data límite para a inscripción:

  • Venres 20 de Decembro mediante formulario web

Realizar inscripción online


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INTERCLUBS ESQUÍ ANDORRA 25  Interclubs Esquí Andorra 25
DESCRICIÓN: é unha “viaxe branca” (con saída do 11 ao 18 de xaneiro), dende Galicia a GrandValira (Andorra), organizada por Clubs de Montañismo, dunha semana, na que
cada participante pode escoller, a maiores do paquete básico, contratar voluntariamente un forfait e esquiar libremente, inscribirse nun curso de esquí de
travesía ou de esquí alpino de distintos níveis, alugar o material deportivo, contratar
seguro,…
OBXECTIVOS:
1. Formarse e/ou practicar ou o esquí de travesía (“esquí de montaña”) ou o esquí
alpino ou snowboard (“esquí en pista”),
2. Convivir entre os socios/as dos distintos Clubs participantes.
3. Promover o esquí de travesía (ou tamén chamado “de montaña”).
ESQUÍ ALPINO/SNOWBOARD, OU ESQUÍ DE TRAVESÍA?: Para comprensión rápida, o esquí alpino (ou o snowboard) é so para baixar mentras que a subida é por medios
mecánicos; o esquí de travesía (tamén chamado esquí de montaña) é para baixar,
progresar en plano, e subir polos teus propios medios.
CURSOS DEPORTIVOS: Un ano máis organizamos a tradicional viaxe de “esquí alpino”(con curso opcional de distintos níveis); este ano como novidade organizaremos 2 cursos de “esquí de travesía” (un de iniciación, e outro perfeccionamento) da man da
Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo). Para os cursos de esquí de travesía haberá que estar obrigatoriamente federado/a FEDME, e para o curso básico é obrigatorio, como mínimo, ter un nivel básico de esquí alpino (viraxe “solvente” en paralelo en pistas azuis ben pisadas).
PARTICIPANTES: Persoas maiores de idade (ou menores acompañadas), que cumpran coas indicacións dadas nesta convocatoria, e coas instrucións dadas ao longo da viaxe en prol da convivencia e seguridade. É importante entender que este é unha viaxe colectiva organizada por entidade sen ánimo de lucro, coa idea de compartir tempo e deporte con outras persoas, de xeito tranquilo, sosegado, e axeitado ao entorno.
Poderán participar persoas alleas aos Clubs organizadores cun suplemento de +25€ por gastos de xestión (ou facerse socio/a, antes de inscribirse na viaxe, dun Club
organizador).
PREZO:
PREZO OBRIGATORIO +540,00€
Transportes completo en autobús
5 noites habitación dobre Hotel Eureka (4*)
5 ceas (con auga) e almorzos no hotel
5 taxas turísticas (2,20€/noite) Goberno de Andorra

Participantes non socios/as dos Clubs organizadores +25€
PREZO VOLUNTARIO
Habitación tripla ou cuádrupla (ata rematar habitacións) -15€
Habitación individual +150€
Sen ningún bus -70€
Seguro de cancelación “por causas xustificadas” +30€
ESQUÍ ALPINO (5 días) ESQUÍ TRAVESÍA (5 días)
Pack Diario (Bocatas+3h clases) +70€ Curso Iniciación + 3 días forfait (6 persoas) +321€
Seguro accidentes deportivos +15€ Curso Perfeccionamento (6 persoas) +180€
Aluguer botas, esquís e bastóns (bronce) +60€ Aluguer de pa, sonda, e DVA (ARVA) +96€
Forfait esquí alpino +190€ Aluguer botas, bastóns, táboas, cuchillas e peles +136€
Aluguer material snow (bronce) +75€
Só bocatas diarios +65€
Aluguer casco +15€

PLAN DE VIAXE:
11/Xan (sábado) Comeza a viaxe en bus pola noite dende Galicia.
12/Xan (domingo) Instalarse no hotel, recoller o material deportivo, e cear (é o
primeiro servizo pagado de manutención).
13/Xan (luns) Ata o 16/Xan (xoves) almorzar, esquiar, cear e durmir no hotel.
17/Xan (venres) Almorzar, deixar as habitacións, esquiar, e ao remate da xornada
deportiva, devolver o material alugado, e viaxe de regreso.
18/Xan (sábado) Pola mañá chegar a Galicia.
XUNTANZAS DE INFORMACIÓN: O xoves 19 de Nadal ás 20.30h en
https://calendar.app.google/mfXAdxFPdi8VAmY6A haberá unha xuntanza telemática ás
20.30h (importante participar) para concretar asuntos da viaxe, falar sobre material
aconsellado, e calquera outra dúbida que xurda.
SEGURO DE ACCIDENTES:
Nas actividades deportivas: As estacións de esquí cobran por rescate nas pistas e/ou
posible tratamento médico privado nas súas instalacións. Esa cobertura é unha
responsabilidade persoal de cada participante, polo que recomendamos fortemente ou
ter a licenza federativa FEDME en vigor (con extensión de esquí alpino), ou outro seguro como o ofrecido pola nosa axencia de viaxes. Dende os Clubs en ningún caso seremos responsables de gasto algún vencellado a este asunto (nin en Andorra nin na casa).
Os esquiadores/as de travesía, ao ser un deporte propio pola nosa Federación Galega
de Montañismo xa está todo cuberto coa licenza federativa FEDME en vigor (que é
obrigatoria para estes cursos).
Fora das actividades deportivas (en Andorra): O Govern de Andorra cobra pola
asistencia sanitaria común que en Galicia é de balde, polo que recomendamos
fortemente acceder á web https://pssc.seg-social.es/asegurados-certificados-andorra co teu certificado persoal en Andorra (non cubre accidentes deportivos como os de esquí).
PERSOAS COORDENADORAS DE CADA CLUB ORGANIZADOR:
Provincia da Coruña: Club Marcha Nórdica A Coruña (Celsa Sánchez), Club Montaña
Ferrol (Xan Ramirez), Club Rutas a Pé (Laura Lado), Club Deportivo K2Ordes (Carlos
Viaño), Club Inclube Compostela (María Gómez), e Sociedad de Montala Ártabros
(Fernando Pedreira). Provincia de Lugo: Club Montaña Mustallar (Juan Tey), e o Club O Cordal (Asier Bea).Provincia de Ourense: ASESOU (Blanca García), e Club Alpino Ourensán (Mar Pallás).Província de Pontevedra: Club AROMON Pontevedra (David Araújo), Club Montañeiros Celtas (Fernando Fernández), e Peña Trevinca Montañeiros de Galicia (AlejandroCarrera).

PRAZO E SISTEMA DE INSCRICIÓN:
Ata o 20 de Nadal (ou ate esgotar as prazas, o que pase antes), haberá que facer:
1º Un primeiro pago por cada praza a reservar para bloquear cada praza de 350€ na
conta de Viajes Sierra poñendo de referencia “Interclubs” e o nome e apelidos do
viaxeiro/a (un ingreso por cada viaxeiro) en:

ABANCA IBAN ES73 2080 0341 1130 4004 9050.

2º Unha vez pagado o primeiro prazo, cubrir inmediatamente o seguinte formulario
que podes atopar neste enlace https://forms.gle/x2vUXh9ZzwB3DBnv9
O seguinte pago (ata completar o total) farase antes do 01/Xan ás 23.59h.

DÚBIDAS: Poñerse en contacto co teu Club, ou con Viaxes Sierra (Mila) no 881 979 138 ou en [email protected] (coa referencia “Interclubs”).
Dúbidas só de esquí de travesía podes falar co técnico de esquí de travesía da Escola
Galega de Alta Montaña (EGAM) Fernando Fernández no tel. 630 317 555 (tamén
representante do Club Montañeiros Celtas).

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón