Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Kaiak pola costa

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 26 Outubro
Finaliza: 27 Outubro
Categoría:

Actividade de kaiak de Mar pola zona da Ria de Ares…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 16 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Información útil

Material necesario: bañador, camiseta sintética, escarpins ou calzado que se poida mollar, neopreno (non é imprescindible), visera, protector solar, cantimplora, saco estanco para gardar roupa seca, material de aseo personal, comida de ataque. Roupa de recambio.

Lugar da actividade: Club Marítimo de Redes

Prezo da actividade: 50€ ambos días

Número máximo de participantes: 10 persoas por riguroso orde de inscripción

Pernocta: No club marítimo de Redes. Incluido no prezo

Inicio da actividade: 11:00 horas do sábado día 26 polo que a saída de Ourense sería ao redor das 08:00 horas da mañá nas escaleiras do edificio politécnico do campus. Ver detalle.

Actividade Sábado

CURSO introdutorio + RUTA CURTA pola Ria de Ares

CONTIDO DO CURSO

  • Coñecementodas partes do kaiak e material a utilizar.
  • Aprender a regular o kaiak e coñecer a posición de paleo.
  • Embarcar e desembarcar dende a praia
  • Manter o equilibrio.
  • Agarre de pala.
  • Remar cara adiante e cara atrás.
  • Palada de condución e xiros.
  • Porteo e achique de kaiak.
  • Técnicas de seguridade: Escape e nado. Rescate a un compañeiro.

O contido desenvolverase ao mesmo tempo que gozamos dunha pequena ruta, onde descubriremos os recunchos máis inaccesibles da Ria de Ares.

Actividade Domingo

Ruta en Kaiak As Lendas das Illas“ Redes-Illas Mirandas-Redes

A travesía ten un percorrido total de 12 km. Navegaremos ata a contorna das illas Mirandas pasando antes polo illote O Mourón, onde poderemos gozar dundos tramos mais interesantes de litoral do Golfo Artabro. A ruta suscítase cun nivel intermedio, polo que o ritmo de paleo será moderado e axustado ao perfil do grupo que se forme.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón