Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Kaiak Redes 4-5 Xullo

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 4 Xullo
Finaliza: 5 Xullo

Kaiak Redes 4-5 Xullo Información útil Requírense coñecementos de kaiak Material necesario: bañador, camiseta sintética, escarpins ou calzado que se poida mollar, neopreno (non é imprescindible), visera, protector solar, cantimplora, saco estanco para gardar roupa seca, material de aseo personal, comida de ataque. Roupa de recambio. Lugar da actividade: Club Marítimo de Redes Prezo da…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Luns 29 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Kaiak Redes 4-5 Xullo

Información útil

Requírense coñecementos de kaiak

Material necesario: bañador, camiseta sintética, escarpins ou calzado que se poida mollar, neopreno (non é imprescindible), visera, protector solar, cantimplora, saco estanco para gardar roupa seca, material de aseo personal, comida de ataque. Roupa de recambio.

Lugar da actividade: Club Marítimo de Redes

Prezo da actividade: 50€ ambos días

Número máximo de participantes: 10 persoas por riguroso orde de inscripción

Pernocta: No club marítimo de Redes. Incluido no prezo

Inicio da actividade: 11:00 horas do sábado día 4 polo que a saída de Ourense sería ao redor das 08:00 horas da mañá nas escaleiras do edificio politécnico do campus. Ver detalle.

Actividade Sábado

  • Curso de perfeccionamento, requirense coñecementos de kaiak
  • O temario do curso dependerá dos coñecementos dos participantes

O contido desenvolverase ao mesmo tempo que gozamos dunha pequena ruta, onde descubriremos os recunchos máis inaccesibles da Ria de Ares.

Actividade Domingo

Travesía pola ría de Ares o Mugardos (Ferrol), dependendo do nivel do grupo

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón