Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Kaiak de mar: Redes 9-10 xullo

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 9 Xullo
Finaliza: 10 Xullo
Categoría:

Actividade Kaiak de mar- Redes 9 – 10 xullo Un ano máis coa colaboración de Base Kaiak de Mar-Club Marítimo de Redes temos programadas unhas xornadas de kaiak de mar para o 9-10 xullo Sádado Día 9: 16.30 a 19.30 h Curso Multi Nivel + Roteiro curto Domingo Día 10: 10:00 a 17:00h Roteiro Fragas…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Martes 05 de Xullo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Actividade Kaiak de mar- Redes 9 – 10 xullo

Un ano máis coa colaboración de Base Kaiak de Mar-Club Marítimo de Redes temos programadas unhas xornadas de kaiak de mar para o 9-10 xullo

Sádado Día 9: 16.30 a 19.30 h Curso Multi Nivel + Roteiro curto
Domingo Día 10: 10:00 a 17:00h Roteiro Fragas do Eume
Prezos:
As 2 actividades para un grupo de 8 ou menos participantes 60 euros cada un.
As 2 actividades para un grupo de 9 ou máis participantes 50 euros cada un.
Os prezos inclúen duchas, baños e durmida nas instalacións do Club de Redes.https://www.paxinasgalegas.es/club-maritimo-de-redes-212736em.html  Necesario levar saco e esterilla.
O ideal sería formar un grupo de non máis de 12 persoas,

Transporte : coches particulares

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e saber nadar

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ 

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón