Kayak e mini ruta polos Canóns do Sil : domingo 11 setembro Excursión en Kaiak polo canón do Sil cos máis cativos do club e paseo polo bosque. Información útil: Comezo (lugar, hora…): Embarcadoiro de San Estevo ás 11 o domingo 11 de setembro. O finalizar faremos un mini roteiro ata o Miradoiro do embarcadoiro…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Martes 06 de Setembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Kayak e mini ruta polos Canóns do Sil : domingo 11 setembro
Excursión en Kaiak polo canón do Sil cos máis cativos do club e paseo polo bosque.
Información útil:
Comezo (lugar, hora…): Embarcadoiro de San Estevo ás 11 o domingo 11 de setembro. O finalizar faremos un mini roteiro ata o Miradoiro do embarcadoiro de Santo Estevo (Ribeira Sacra)
Material recomendado:
calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda e de reposto (en función do tempo) ,gorrra, crema solar, auga e comida para pasar o día.
Prezo:
O prezo regular do aluguer dos kaiaks é de 15 euros a primeira hora e 10 euros as seguintes. Dependendo do grupo que formemos farannos unha redución do prezo do alugueiro.
Descrición dá actividade a realizar
A idea é alugar uns kaiaks e penetrarnos no canón do Sil. Descubriremos as ladeiras do impresionante canón, fervenzas, e beiras deste río. Unha vez terminada a actividade de auga, será a hora para comer, cada un levará a súa propia comida, aínda que nos deixarán utilizar a terraza do embarcadoiro para iso. Posteriormente realizaremos un pequeno roteiro de 800 m polo bosque (só ida) ata un miradoiro no que hai acceso á beira e onde poderán darse un baño os que queiran. O día está completamente pensado para que poidan apuntarse os máis cativos do club xa que o roteiro non ten ningunha dificultade técnica.
Transporte:
Coches particulares
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@