Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

LEITARIEGOS: ESQUÍ ALPINO, ESQUÍ TRAVESÍA, MONTAÑA. 27 ó 29 / APRAZADA

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 27 Decembro
Finaliza: 29 Decembro
Categorías: , ,

LEITARIEGOS: ESQUÍ ALPINO, ESQUÍ TRAVESÍA, MONTAÑA. 27 ó 29 de decembro Proposta de estancia de 3 días na contorna da Estación de Esquí de Leitariegos co fin de realizar curso de esquí para niveles A (iniciación tanto de infantil como de adulto) e B (para aqueles que xa saben frear e facer cuña). Tamén hai posibilidade de facer ruta de raquetas de neve e esquí…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

LEITARIEGOS: ESQUÍ ALPINO, ESQUÍ TRAVESÍA, MONTAÑA. 27 ó 29 de decembro

Proposta de estancia de 3 días na contorna da Estación de Esquí de Leitariegos co fin de realizar curso de esquí para niveles A (iniciación tanto de infantil como de adulto) e B (para aqueles que xa saben frear e facer cuña).
Tamén hai posibilidade de facer ruta de raquetas de neve e esquí de travesía (con
material propio).
Data límite para a inscripción: Mércores 15 de Decembro

Información útil
Comezo :Estación de esquí de Leitariegos, León.

https://goo.gl/maps/rYMkfWirU6YJsHMZ8
Transporte:Medios propios. .
Material recomendado:Equipo de esquí de pista, raquetas…. Todo o material propio que teñades para facer deporte na neve.

En caso de xuntar grupo mínimo de 5 pax. Para facer cursillo hai prezo especial de aluguer
Pernocta: O clube non se fai responsable da reserva da pernocta.Recomendación.

INICIO

Requisitos para participar:Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo :A actividade con material propio só tería o custe do forfait en caso de usar este servizo.

Para o resto:
-Cursillo 3 días / 3 horas día de 11:00 a 14:00 : 55 euros
-Forfait 3 días: T.A. 43 euros adulto, 35 euros infantil
-Aluguer equipo completo esquí 3 días: 36 euros

Total cursillo+forfait+material esquí alpino:
-126 euros infantil,
-135 euros adultos

En caso de necesitar equipo de esquí de travesía:

Alquiler

En función da xente interesada e facer esquí de travesía e que non teña material, faremos una solicitude conxunta para poder pedir rebaixa sobre os prezos da web.
Para a actividade de esquí alpino con cursillo+forfait+aluguer de material tamén faremos a reserva por mediación do clube.

Información técnica

A idea e que a xente que quera inicarse no esquí alpino teña oportunidade de facelo nunha estación que, aunque pequeña, ten uns bos servizos para o debutante. Para a xente que sepa esquiar e non colla cursillo, a Estación ofrece a posibilidade de realizar esquí de pista, ruta de raquetas e esquí de montaña con material propio.
En caso de que a neve non fora suficiente para realizar actividade de esquí alpino, e se a cantidade de neve o permite, se manterán as actividades de raquetas e esquí de travesía.
En caso de que non haxa neve, se manterán as actividades de esquí de montaña como actividades de montaña.

Información MIDE ou track/wikiloc

Ruta esquí montaña, raquetas a Cueto Arbas:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/puerto-de-leitariegos-pico-cueto-arbas-32023159
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/fuentes-del-narcea-cuetu-arbas-picarin-y-alto-vent
ana-desde-leitariegos-72987479

Ruta esquí montaña, raquetas al Cornón desde Lumaju:
https://es.wikiloc.com/rutas-esqui-de-montana/ascension-al-cornon-desde-lumajo-33080026
Ruta esquí montaña, raquetas al Muxivén desde Lumaju
https://es.wikiloc.com/rutas-esqui-de-montana/lumajo-altu-las-rebezas-muxaven-lumajo-8742490

Todas as xestións de aluguer e cursos se farán a través do grupo de whatsapp que se cree para a actividade.

Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID: FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Organiza: Nina Liceras

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón