Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Magosto

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 17 Novembro
Finaliza: 18 Novembro
Categoría:

O Magosto do Refu celebrarase o sábado 17 de novembro, e en qué mellor sitio que no noso refuxio de Manzaneda.…


O Magosto do Refu celebrarase o sábado 17 de novembro, e en qué mellor sitio que no noso refuxio de Manzaneda.

Nós encargámonos das e castañas e vós das bebidas, comidas, sobremesas e sobre todo, de montar a foliada.

Inscripción

Data límite para a inscripción:

  • Martes 13 de novembro mediante o correo [email protected]
  • Mércores 14 de novembro no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de a que hora chegas (para organizar as actividades) e se tes previsto durmir no refuxio.

Información útil

Pernocta: No refuxio Pena do Caldeiro de Manzaneda.

Información

Sábado día 17
Quedarase ás 12:00 horas no refuxio de manzaneda.
Antes de comer haberá unha Xincana entre todos, rematando cunha comida popular. Cada un levará a comida, pero as castañas poñémolas nós. Á tardiña, xogos populares e carreira de sacos.
As actividades e o magosto serán para todos os públicos adaptándose a idade dos participantes.

Para os máis festeiros, re-magosto á noitiña, con cantos de taberna (pódense levar instrumentos).
Quen queira pode quedarse a durmir ata o día seguinte. Levar saco e esterilla, e roupa de abrigo!

E pola noite, como manda a tradición, ascensión noctura a Cabeza Grande de Manzaneda.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón