Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Magosto social no refuxio de Manzaneda 13 Novembro

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 13 Novembro
Categoría:

Sábado 13 de Novembro a partir das 13:00h , Magosto social no refuxio Pena do Caldeiro en Manzaneda As castañas ponas o club , do resto cada un  traerá o seu Gozaremos do noso refuxio e da súa contorna con xogos populares  acenderemos a cheminea para asar as castañas e o que faga falta. Hora…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Sábado 13 de Novembro a partir das 13:00h , Magosto social no refuxio Pena do Caldeiro en Manzaneda

As castañas ponas o club , do resto cada un  traerá o seu

Gozaremos do noso refuxio e da súa contorna con xogos populares  acenderemos a cheminea para asar as castañas e o que faga falta.

Hora de inicio : 13:00h

Lugar de quedada : Refuxio Pena do Caldeiro Manzaneda

Prazas limitadas para a pernocta no refuxio (15 persoas) por rigurosa orde de inscrición

AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón