Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece o teu refuxio e o seu entorno: Manzaneda 4 marzo (Aprazada)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 4 Marzo
Finaliza: 5 Marzo

Coñece o teu refuxio e o seu entorno: Manzaneda 4 marzo Punto de encontro: Refuxio Pena do Caldeiro. Sábado 10 am A actividade principal consiste nunha ruta en raquetas pola contorna do refuxio. Requisitos: Levar raquetas. Os que non teñades podedes recollelas no clube o mércores de 19:30 a 21;00 h. Non é necesario ter…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 01 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Coñece o teu refuxio e o seu entorno: Manzaneda 4 marzo

Punto de encontro: Refuxio Pena do Caldeiro. Sábado 10 am
A actividade principal consiste nunha ruta en raquetas pola contorna do refuxio.
Requisitos:
Levar raquetas. Os que non teñades podedes recollelas no clube o mércores de 19:30 a 21;00 h.
Non é necesario ter coñecementos previos.
Actividades optativas:
Existe a opción de facer pola vosa conta -aportando o voso material- esquí de fondo, travesía e pista, se as condicións climatolóxicas o permiten.
A idea e dar a coñecer o refuxio e a súa contorna, coa posibilidade de pernocta.

Transporte:Coches particulares

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade


Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón