Como xa ven sendo habitual non últimos anos, algunha das Meigas Montañeiras, socias do club encárganse de organizar unha actividade para celebrar o Día Internacional da muller. Información útil Comezo(lugar, hora…): Ás 08:00 nas escaleiras do edificio politécnico do campus. Ver detalle. Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares. Material recomendado: Roupa e calzado axeitado,…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 06 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Como xa ven sendo habitual non últimos anos, algunha das Meigas Montañeiras, socias do club encárganse de organizar unha actividade para celebrar o Día Internacional da muller.
Información útil
Comezo(lugar, hora…): Ás 08:00 nas escaleiras do edificio politécnico do campus. Ver detalle.
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga.
Información
Ruta do Canón do Sil – Santa Cristina (PRG-98)
- horario6h’
- desnivel de subida849 m
- desnivel de baixada852 m
- distancia horizontal18 km
- tipo de percorridoCircular
- severidade do medio natural2
- orientacion no itinerario2
- dificultade no desprazamento2
- cantidade de esforzo necesario4
Nesta ruta circular de dezasete quilómetros e medio percorreremos os arredores de Parada de Sil a través de camiños tradicionais e pistas de terra. Tamén pasaremos preto do Mosteiro de Santa Cristina, podendo visitalo, e camiñaremos por unha ladeira do Canón do Sil. Esta ruta ofrécenos unhas preciosas vistas e poderemos achegarnos a lugares dun gran interese patrimonial.
Iniciaremos a ruta no pobo de Parada de Sil. Comezaremos a descender a través de camiños tradicionais e pistas de terra por un profundo val habitado por moitos castiñeiros centenarios. Acompañaremos despois a un pequeno regato durante algo mais dun quilómetro para volver a ascender o val e chegar a Fondo de Vila. Dende aquí chegaremos ao famoso miradoiro dos Balcóns de Madrid e continuaremos camiñando por pistas desfrutando dunhas fermosas vistas ao Canón do Sil. Pouco mais adiante chegaremos as inmediacións do Mosteiro de Santa Cristina, rodeado de vellos castiñeiros. Dende aquí só nos quedará continuar ascendendo ata chegar de novo a Parada de Sil, onde finaliza a ruta.
Sendeiro homologado pola Federación Galega de Montañismo.