Como xa ven sendo habitual non últimos anos, algunha das Meigas Montañeiras, socias do club encárganse de organizar a actividade para celebrar o Día Internacional da muller, este ano as encargadas son Mar e Marga.
…
Como xa ven sendo habitual non últimos anos, algunha das Meigas Montañeiras, socias do club encárganse de organizar a actividade para celebrar o Día Internacional da muller, este ano as encargadas son Mar e Marga.
Ademais, todos aqueles interesados poderan pernoctar no Refuxio do club en Manzaneda a noite do sábado.
Inscripción: Data límite para a inscripción:
- Martes 6 de marzo mediante o correo [email protected]
- Mércores 7 de marzo no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposta/o a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material.
Saída(lugar, hora…): Dende as escaleiras do edificio politécnico do Campus de Ourense ás 09:00 horas. Dende ahí organizaranse os vehículos para saír cara o comezo da ruta.
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga.
Os que desexen pernoctar no refuxio tamén saco de durmir e comida para a cea e para o domingo.
Ruta do río Edo
Ruta do Rio Edo
- horario6h’
- desnivel de subida562 m
- desnivel de baixada562 m
- distancia horizontal17 km
- tipo de percorridoCircular
- severidade do medio natural2
- orientacion no itinerario2
- dificultade no desprazamento2
- cantidade de esforzo necesario3
A andaina levarános polo maravilloso souto da parroquia de Poboeiros, polas ribeiras do río Edo cos seus muíños e asimesmo ao carón de monumentos testumuñas do medievo como son os mosteiros de San Paio de Abeleda e San Xoán de Camba, sen esquecer o impoñente castelo no centro urbano de Castro Caldelas.