Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Mogosto social Manzaneda, refuxio pena do Caldeiro 16-17 novembro

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 16 Novembro
Finaliza: 17 Novembro

Sábado 16 de Novembro a partir das 16:00h , Magosto social no refuxio Pena do Caldeiro en Manzaneda Gozaremos do noso refuxio e da súa contorna con xogos populares  acenderemos a cheminea para asar as castañas e o que faga falta. Hora de inicio : 16:00h Lugar de quedada : Refuxio Pena do Caldeiro Manzaneda…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Sábado 13 de Novembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Sábado 16 de Novembro a partir das 16:00h , Magosto social no refuxio Pena do Caldeiro en Manzaneda

Gozaremos do noso refuxio e da súa contorna con xogos populares  acenderemos a cheminea para asar as castañas e o que faga falta.

Hora de inicio : 16:00h

Lugar de quedada : Refuxio Pena do Caldeiro Manzaneda

Cada un levará a comida, pero as castañas poñémolas nós. Á tardiña, xogos populares e carreira de sacos.
As actividades e o magosto serán para todos os públicos adaptándose a idade dos participantes.

Para os máis festeiros, re-magosto á noitiña, con cantos de taberna (pódense levar instrumentos).
Quen queira pode quedarse a durmir ata o día seguinte. Levar saco e esterilla, e roupa de abrigo!

Pernocta: No refuxio Pena do Caldeiro de Manzaneda.

Prazas limitadas para a pernocta no refuxio (20 persoas) por rigurosa orde de inscrición

E pola noite, como manda a tradición, ascensión noctura a Cabeza Grande de Manzaneda.

Pola mañá tanto do sábado como do domingo haberá opción de facer algún pequeno roteiro polo contorno de Manzaneda e os máis aguerridos poderán ir escalar ás Aguilladas

Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Animarvos a vir e gozar do noso refuxio Pena do Caldeiro

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón