Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Montaña invernal en Babia

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 7 Abril
Finaliza: 8 Abril
Categoría:

ACTIVIDADE CANCELADA POR MALAS CONDICIÓNS. VOLVERÁ A PROPOÑERSE EN CANTO SE ESTABILICE O MANTO NIVOSO E MELLOREN AS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS.…


ACTIVIDADE CANCELADA POR MALAS CONDICIÓNS. VOLVERÁ A PROPOÑERSE EN CANTO SE ESTABILICE O MANTO NIVOSO E MELLOREN AS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS.

Segue o tempo inestable, con precipitacións en forma de neve a partir do venres na zona de Somiedo e Ubiña e un manto nevoso cun risco de aludes aumentando a notable durante a fin de semana. Volvemos a suspender a actividade proposta para este finde, propondrase de novo en canto melloren as condicións.

Actividade de montaña invernal na zona de Babia e proximidades de Somiedo. Achegarémonos a esta zona para coroar algúns picos pouco coñecidos, e outro mais clasico como é o Cornon.

Imprescindible manejo de crampones y piolet.

Inscripción

Data límite para a inscripción:

  • Martes 3 de abril mediante o correo [email protected]
  • Mércores 4 de abril no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.

Información útil

Comezo(lugar, hora…): No refuxio de Torrebarrio o venres noite ou na entrada á aldea de La Cueta o sábado ás 09:00

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga, piolet, crampóns, saco de durmir para o refuxio.

Pernocta: No refuxio de torrebarrio, podese cociñar no mesmo ou cear na aldea de San Emiliano.

Sábado

Circular polo entorno de la Cueta

  • horario8h’
  • desnivel de subida921 m
  • desnivel de baixada921 m
  • distancia horizontal15,22 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

Bonita circular, saíndo de La Cueta en dirección ao collado de Fuentes, ata as proximidades do precioso e pouco frecuentado pico La Crespa ( ascensión opcional), virando despois cara os Hoyos de las Malvosinas, ata pasar xunto a Peña Redonda, cuxa cume móstrasenos moi accesible a menos de 100 metros. Dende ahi, ascensión por cresta con espectaculares vistas das Ubiñas, o Montigüero, Peña Orniz, para coroar a Pena Los Años, Punta La Sierra e Gagucheiros, os tres de mais de 2000 metros. Descenso e retorno á La Cueta polo camiño das fontes do Sil.

Domingo

Ruta do Rio Edo

  • horario7h’
  • desnivel de subida836 m
  • desnivel de baixada836 m
  • distancia horizontal16,18 km
  • tipo de percorridoIda e volta
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

Ascensión ao Cornón partindo dende  Puerto Somiedo e voltando pola mesma ruta.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón