Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Montaña invernal no macizo de trevinca

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 4 Febreiro
Categorías: ,

Data límite para anotarse
martes 30 por correo e mércores 31 no club
Pernocta
Lugar xeral
Trevinca
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

Apúntate en [email protected] ou no local do club

Saída invernal de montaña no Macizo de Trevinca. Organizada pola Sección de Veteranos.  A base da actividade será Fonte da Cova, de 1800 m de altitude.

Durante a actividade, que será unha travesía polo Macizo de Trevinca haberá posibilidade de ascender algún cumio de 2000 metros (decidirase no momento), posiblemente Pena Surbia (Trevinca Norte).

SAIDA
Saída dende as escaleiras pricipais do edificio politécnico do campus ás 07:30 horas. Ahí organizaremos os vehículos e partiremos cara o  lugar.

MATERIAL
Piolet, crampóns, casco, cordino ou cinta de un metro e medio e mosquetón de seguro. Arnés opcional e raquetas de neve recomedable. Roupa de abrigo, comida e auga.

DIFICULTADE
Dificultade de inciación á montaña invernal

HORARIO
Actividade de unhas  7-8 horas de duración

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información nesta ligazón