As “Hoces de Valdeteja” son unha gorxa fluvial de caliza moldeada polo río Curueño, situadas entre as localidades de Nocedo de Curueño e Tolibia de Abajo, cunha lonxitude de 6,5km. aproximadamente e paralelas as de Vegacervera.…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 25 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Descripción
As “Hoces de Valdeteja” son unha gorxa fluvial de caliza moldeada polo río Curueño, situadas entre as localidades de Nocedo de Curueño e Tolibia de Abajo, cunha lonxitude de 6,5km. aproximadamente e paralelas as de Vegacervera, onde estivemos o ano pasado.
Estas “hoces” están atravesadas por unha calzada romana que comunicaba Ponte Villarente co porto de Vegarada, o longo da cal existen numerosas pontes romanas e medievais. Unha desas Pontes, a ponte do “Verdugo”, atravesado por la calzada, era o luar onde se administraba xustiza antigamente.
Ámbito de protección:
• Lugar de interese Comunitario (LIC), red Natura 2000
• Lugar de interese xeolóxico
• Dentro do conxunto da Reserva da Biosfera de Argüellos
Data límite para a inscripción
- 25 de marzo de 2026 o ata cubrir as 15 prazas
Información útil
- Comezo (lugar, hora…): Camping de Vegacervera (León) , cada día ás 9 da mañá
- Transporte: Vehículos particulares.
- Material recomendado:
- Calzado de montaña; roupa cómoda e de abrigo…. Segundo se acheguen as datas e dependendo da méteo completaremos equipamento.
Material de escalada
- Calzado de montaña; roupa cómoda e de abrigo…. Segundo se acheguen as datas e dependendo da méteo completaremos equipamento.
- Pernocta:
- Recomendado Camping Hoces de Vegacervera (León)
- https://campinglashocesvegacervera.com/
- Inda que está pechado o cámping, xa nos puxemos en contacto con eles. Podedes chamar ó 659898608 (Pablo), dicindo que sodes do clube alpino a partir do 1 de Marzo ou a través da web.
O clube non fai reservas, canda quen ten que facer a súa ou elexir outro tipo de aloxamento.
- Recomendado Camping Hoces de Vegacervera (León)
Requisitos para participar:
- Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade.
- Non é unha actividade guiada se non que é proposta dunha socia que, en base ó coñecemento adquirido en montaña, planifica esta actividade de maneira altruísta.
- As persoas que teñan interese na actividade teñen que ser autónomas. En caso de dúbida poden consultar coa organizadora.
Prezo:
- Actividade gratuíta.
Información técnica:
Podedes descargar a info con todas as actividades propostas da seguinte ligazón: Actividades Escalada/Montaña 1-5 Abril
Prazas limitadas -15 persoas , as prazas se cubrirán por riguroso orde de inscricción (Minimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo).
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@








