Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Compreta-Montaña Leonesa 6-8 decembro

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 6 Decembro
Finaliza: 8 Decembro
Categoría:

Cupo da actividade compreto- podes enviar mail a contacto@clubalpinoourensan e te metemos na listase de agarda Descrición da actividade Se trata de realizar actividade polo macizo das Ubiñas durante 3 días: Primeiro día sairemos do pobo de Pinos ata Casa Mieres, ascenderemos a Ubiña Pequena, Peña Cerreos e baixaremos ó refuxio do Meicín onde pernoctaremos…


Cupo da actividade compreto- podes enviar mail a contacto@clubalpinoourensan e te metemos na listase de agarda

Descrición da actividade

Se trata de realizar actividade polo macizo das Ubiñas durante 3 días:

  • Primeiro día sairemos do pobo de Pinos ata Casa Mieres, ascenderemos a Ubiña Pequena, Peña Cerreos e baixaremos ó refuxio do Meicín onde pernoctaremos dous días

  • Segundo día nos achegaremos á Forqueta do Portillín cara o Pico do Canalón Oscuro, Prau Albo e volta polo Huerto dos Pioyos cara o refuxio

  • O último día subiremos a Peña Ubiña pola cara este e volta polo pr para retornar a Pinos.

Total da actividade serán 32 km. con desnivel acumulado de máis de 3.000 m, por terreo escarpado e con trepadas sobre todo o último día, o que debedes ter en conta á hora de valorar a actividade.

En caso de que a méteo desfavorable, queda baixo a decisión da organizadora cambiar a actividade por roteiros adaptados as condicións climatolóxicas ou cancelala.

Non é unha actividade guiada se non que é proposta dunha socia que, en base ó coñecemento adquirido en montaña, plantexa esta actividade de maneira altruísta.

As persoas que teñan interese na actividade teñen que ser autónomas. En caso de duda poden consultar coa organizadora.

Información útil

Comezo (lugar, hora…):

San Emiliano ás 8:30 da mañá, na parte posterior do centro de saúde para organizar desprazamento ata Pinos

Transporte:

Medios propios. .

Material recomendado:

Calzado de montaña; roupa cómoda e de abrigo, casco comida de ataque para 3 días, saco de durmir para o refuxio, material de aseo, etc…. Segundo se acheguen as datas e dependendo da méteo completaremos equipamento.

Pernocta:

Sí. Refuxio do Meicín

O clube non se encargas das reservas. Tedes que reservar na web do refuxio https://refugiodelmeicin.es

Comentade que sodes do Clube Alpino Ourensán para que vos asignen praza na mesma habitación.

Requisitos para participar:

Ser socio do clube, ter a autonomía necesaria para desenrolar esta actividade de montaña invernal e estar en posesión de licencia federativa vixente.

A actividade require experiencia en montaña, saber desenvolverse en terreos escarpados con trepadas de hasta III grao e estar habituados a camiñadas longas e con desniveis de ascenso e descenso superiores a 1.000m

Máximo 12 persoas

Prezo (no caso de que exista algún custe)

Actividade gratuíta.

O prezo do refuxio é de 40 euros en media pensión.

O custe de ducha de auga quente é de 5 euros.

Non temos cocina libre

Ficha Técnica (PDF): Actividade Macizo das Ubiñas

Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón