Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Pena Corneira dende a Quinza 30/01/2022

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 30 Xaneiro
Categoría:

 Ribadavia – Pena Corneira Descrición do roteiro: o roteiro trátase dun interesante carreiro que une a localidade de Ribadavia coa preciosa paraxe de Pena Corneira, partimos da Quinza en Ribadavia por un carreiro situado na marxe esquerda do río Avia ata alcanzar a localidade de Leiro seguimos o camiño real ata Lebosende posteriormente alcanzamos a…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

 Ribadavia – Pena Corneira
Descrición do roteiro: o roteiro trátase dun interesante carreiro que une a localidade de Ribadavia coa preciosa paraxe de Pena Corneira, partimos da Quinza en Ribadavia por un carreiro situado na marxe esquerda do río Avia ata alcanzar a localidade de Leiro seguimos o camiño real ata Lebosende posteriormente alcanzamos a poboación de Paredes e continuamos por paraxes de exuberante vexetación ata alcanzar a zona de bloques graníticos característicos da paraxe de pena Corneira moi valorado entre os escaladores de bloque onde contamos cunha preciosa área recreativa onde relaxarnos ao final do roteiro.
Lugar de encontro: edificio politécnico da universidade. hora: 08:30 h Transporte: Coches particulares, como a actividade é lineal será preciso deixar vehículos ao final e ao principio do roteiro, aínda que existe a posibilidade de contratar un autobús a custo compartido se se alcanza un mínimo de participantes.
Material: botas de montaña, crema solar, roupa de abrigo, bastóns, comida e auga para pasar o día.
Requisitos para facer a actividade: ter forma física suficiente para superar un desnivel de 1000 m e soportar unha actividade de contorna a 6 horas de duración aproximadamente. Clasificación MIDE: 2,2,3,4 ( Medio, itinerario, desprazamento, esforzo)

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID:

FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)
Prezo:A actividade é gratuíta.(custe do autobús se o houbera)

Prazas limitadas

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón