Multiactividade a desenvolver na zona do Barbanza (A Coruña). Na mesma teremos a posibilidade de poder facer escalada e SUP (Stand Up Paddle Board).…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 07 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Descripción actividade
Multiactividade a desenvolver na zona do Barbanza (A Coruña). Na mesma teremos a posibilidade de poder facer escalada e SUP (Stand Up Paddle Board).
- SUP (Praia da Aguieira – Porto do Son): temos opción de coller un ou dous días, se hai interés. Dependendo do número de participantes tamén se poderán realizar unha ou dúas tandas.
- Día 10: clase cas nocións básicas e teóricas do SUP. Dependendo de como evolucione a clase poderíase facer unha pequena travesía pola praia.
- Día 11: travesía entre dúas praias da ría se o nivel dos participantes e as concidións climáticas o permiten (obrigatorio actividade día 10).
- Escalada (Escola de escalada do Tambre – Noia): escola que se atopa nas Pesquerías do Tambre, na ribeira do río. Entorno natural de bósque atlántico. Hai dúas zonas diferenciadas.
- Placas: placas de adherencia que teñen varios longos e podemos atopar grados dende o IV ata o 6a. Pola súa orientación escalar mellor de mañá posto que pola tarde da o sol de cheo.
- Sector Bordillos: vias deportivas de tipo atletico, variando os grados dende o V ata o 7b+ (predominante o 6c+/7a).
- Opción de un dos días escalar tamén na Pedra Serpal (Outes).
Data límite para a inscripción
3 de xuño 21:00h SUP
7 de xuno 21:00h escalada
Información útil
- Comezo (lugar, hora…):
- 10:00 – Praia Aguieira (grupo de SUP)
- 10:00 – Escola de Escalada do Tambre ( Aparcamento do hotel das Pesquerías do Tambre)
- Transporte: Transportes particulares.
- Material recomendado:
- SUP: bañador, toalla, protector solar. O material deportivo alúgase coa clase.
- Escalada: material persoal de escalada deportiva (corda, cintas, gatos, etc)
- Pernocta: (reserva por conta dos participantes)
- Praia da Aguieira: os que teñan furgoneta/caravana.
- Campings:
- Outras actividades (sendeirismo):
- O carón da escola i en paralelo ó río Tambre hai unha ruta de sendeirismo que tamén se pode realizar, sendo de baixa dificultade. O único inconvinte é a posilibilidade de ter que vadear nalgún regato dependendo do caudal do mesmo.
- Na praia da Aguieira tamén podedes atopar unha ruta que colle parte do interior e as praias de Aguieira e Caveiro para logo chegar a Porto do Son
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Para a actividade de SUP é necesario saber nadar ben.
Prezo:
- SUP: Actividade inclúe monitores e material deportivo (neopreno, taboa e remo)duración do curso 2/3 horas https://escueladesurfkapaki.com/
- Se únicamente realizamos actividade o día 10 o grupo de 10 persoas queda en 15€ por persoa.
- Se realizamos actividade os días 10 -11 para o grupo de 10 persoas queda en 10€ por persoa/día.
- Grupo menor de 10 o prezo sería maior, polo que para saber o prezo desta actividade é necesario confirmar o club o interés pola mesma antes da inscripción con data tope do 3 de xuño as 21:00. Co número de interesados a esa data poderíamos ver en que prezo definitivo podería quedar a actividade ou anular a mesma.
- Escalada: gratuíta.
Nota:
A actividade de SUP está suxeita a condicións climáticas. Por mor do vento pode haber posibilidade de cambio na mesma. Os participantes poderán achegarse a escalar unha vez finalizada a actividade.
Para realizar a actividade de escalada non é necesario estar anotado a de SUP.
Indicar no formulario de inscrición a/as actividades e días que queredes participar
Nas zonas de escalada non hai fonte preto polo que é recomendable levar auga.
Os horarios de inicio das activiades son orientativos, podendo cambiarse en función das condicións das actividades.
Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coordinadores: Ernesto e Aviñoá