Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Multiactividade San Xoan: Baroña/Corrubedo (infantís, sendeirismo, escalada)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 24 Xuño
Finaliza: 25 Xuño

Algunhas socias propoñemos unha fin de semana de multiactividade, para celebrar o San Xoan na zona de Praia das Furnas en Porto do Son, no que haberá tempo para facer escalada, sendeirismo infantil e de adult@s e tamén para festexar os días máis longos do ano.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 21 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Descripción actividades

Algunhas socias propoñemos unha fin de semana de multiactividade, para celebrar o San Xoan na zona de Praia das Furnas en Porto do Son, no que haberá tempo para facer escalada, sendeirismo infantil e de adult@s e tamén para festexar os días máis longos do ano.

O camping ten restaurante no que se pode almorzar e pretendemos facer Unha cea tod@s xunt@s o sábado á noite, polo que agradecemos tamén que cando chamedes para reservar, digades no camping se ides á cea e número de persoas. Cando saibamos o número de persoas vánnos a propoñer varios menús.

  • Día 24 de xuño –  sendeirismo infantil

    • A ruta total líneal son un 8,5Km aproximadamente, prácticamente sen desnivel nin dificultades técnicas.
    • Saída: Praia das Furnas
    • Descripción:
      • Nesta ocasión exploraremos unha parte da fermosa costa galega ó redor de Porto de Son e Ribeira. A mañán do sábado 24 de Xuño de 2023, sairemos sobre as 10h do parking da salvaxe praia das Furnas na parroquia de Xuño (Porto de Son), famosa polo filme “Mar adentro” e polas súas ondas para facer surf.
      • Despois sortearemos a lagoa de Xuño pola praia aproveitando que estará baixando a marea, continuaremos por camiños paralelos á costa, paseo basoñas, praia de seráns, para alcanzar a fermosa praia de Espiñeirido. Ó final deste areal, a ruta percorrerá camiños agrícolas con vistas ó monte Tahume e ó faro de Corrubedo, ata alcanzar a aldea de Teira, onde temos un área recreativa para facer un “pique-nique”. Tamén poderemos darnos un chapuzón na Praia de Espiñeirido ou na Ladeira.
  • Día 24 Sendeirismo adultos

  • Día 25 sendeirismo infantil e Adulto

    • Prácticamente sen desnivel nin dificultades técnicas.
    • O domingo hai opción de visitar o castro de Baroña, Dolmen de Axeitos, Duna do parque natural de Corrubedo, Faro de Corrubedo. Unha actividade que tamén se pode plantexar é irse a bañar ás pozas do río Pedras na Poboa e facer a ruta de senderismo que leva ao Mirador da Curota onde teríamos que deixar antes algún coche.Información útil: ainda que as actividades son infantís, están abertas a tod@s aqueles soci@s que queiran acompañarnos. Non son aptas para carriños de bebé
  • Escalada 24 e/ou 25 xuño

    • Escola de Escalada de Baroña (Porto do Son)
    • Roca de granito, 61 vías de lonxitude corta, entre 8 y 18 metros e grados entre IV+ e 7b+.
    • Requisitos: ser autónomo escalando, saber asegurar e encordarse.
    • Croquis (PDF)

Data límite para a inscripción

mércores 21 de Xuño de 2023 21:00h

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…): tarde do venres 23 xuño no camping Fraga Balada na Praia das Furnas en Porto do Son
  • Transporte: Transportes particulares.
  • Material recomendado:
    • Todo o preciso para durmir no camping, roupa cómoda, calzado de sendeirismo (preferiblemente que se poida mollar porque andaremos por area mollada), bañador, crema solar, viseira, auga, comida de ataque para pasar o día, mochila, zapatos para río ou escarpins(opcional), material de escalada.
  • Pernocta:  (reserva por conta dos participantes)
    • Camping: Fraga Balada  – Porto do Son – A Coruña (ten piscina) – TF: 619 74 59 89/ 981769848

Requisitos para participar:

Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Para a actividade de SUP é necesario saber nadar ben.

Prezo:

  • Actividade gratuíta.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón