Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Natureza e xogo ” No Pozo do Inferno”:17 abril (cancelada)

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 17 Abril
Categorías: ,

NATUREZA E XOGO NO POZO DO INFERNO, 17 DE ABRIL Data límite para a inscripción Xoves 14 de Abril Información útil Comezo (lugar, hora…): 11:00 h – No pobo do Viñao, a 20 km da cidade de Ourense Transporte: Coches particulares Material recomendado: Actividade de sendeirismo. Vestimenta e calzado axeitados. Comida e auga para pasasr…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 14 de Abril podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

NATUREZA E XOGO NO POZO DO INFERNO, 17 DE ABRIL

Data límite para a inscripción Xoves 14 de Abril

Información útil
Comezo (lugar, hora…): 11:00 h – No pobo do Viñao, a 20 km da cidade de Ourense
Transporte: Coches particulares
Material recomendado:
Actividade de sendeirismo. Vestimenta e calzado axeitados. Comida e auga para pasasr o día

Descripción da actividade a realizar

Sendeirismo na natureza e xogos de expresión. Actividade multiedade, apta para nenos. Proposta lúdica que mixtura una ruta de 4 km de lonxitude con 200 m de desnivel positivo acumulado e xogos para crear e compartir a través de ferramentas como o debuxo, a fotografía, etc.​

Camiñaremos pola beira do río Barbantiño, ata a Fervenza do Cachón, un salto de auga de 15 metros. Exploraremos os vellos muiños de pedra e tentaremos localizar o Pozo do Inferno.​

O punto de encontro será o día 17 de Abril, ás 11:00 h da maña no pobo do Viñao, a 20 km da cidade de Ourense. Coa intención de xantar no bosque e recollernos pola tarde.​

Coordinadora: Laura Lobón Castro.

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón