Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Natureza e Xogo no Monte da Xoia 20 de Febreiro.

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 20 Febreiro
Categorías: ,

NATUREZA E XOGO NO MONTE DA XOIA, 20 DE FEBREIRO  Información útil  Comezo (lugar, hora…):   11:00 h – No pobo de Mugares, a 10 km da cidade de Ourense  Transporte:  Coches particulares  Material recomendado:  Actividade de sendeirismo. Vestimenta e calzado axeitados. Comida  e bebida para pasalo día. Descripción da actividade a realizar     Sendeirismo na natureza e xogos de expresión. Actividade multiedade, apta para nenos. Proposta lúdica que mixtura una ruta de 6 km e 350 m de desnivel positivo acumulado e xogos para crear e compartir a través de ferramentas como o debuxo, a fotografía, etc.​   Camiñaremos un tramo do PRG 186, que discurre polo Concello de Toen. Visitaremos varias formacións graníticas naturais, destacando os penedos “Cima da Granxa” e un mirador sobre o rio Miño coa cidade de Ourense ao fondo.    O punto de encontro será o día 20 de Febreiro, ás 11:00 h da maña no pobo de Mugares, a 10 km da cidade de Ourense. Coa intención de xantar no bosque e recollernos antes de que veña a noitiña.    Coordinadora: Laura Lobón Castro.    Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID: FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1) Prezo:A actividade é…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 16 de Febreiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

NATUREZA E XOGO NO MONTE DA XOIA20 DE FEBREIRO 

Información útil 
Comezo (lugar, hora…):  
11:00 h  No pobo de Mugares, a 10 km da cidade de Ourense 
Transporte: 
Coches particulares 
Material recomendado: 
Actividade de sendeirismo. Vestimenta e calzado axeitados. Comida 
e bebida para pasalo día.
Descripción da actividade a realizar  
 
Sendeirismo na natureza e xogos de expresión. Actividade multiedade, apta para nenos. Proposta lúdica que mixtura una ruta de 6 km e 350 m de desnivel positivo acumulado e xogos para crear e compartir a través de ferramentas como o debuxo, a fotografía, etc.
 
Camiñaremos un tramo do PRG 186, que discurre polo Concello de Toen. Visitaremos varias formacións graníticas naturais, destacando os penedos “Cima da Granxa” e un mirador sobre o rio Miño coa cidade de Ourense ao fondo. 
 
O punto de encontro será o día 20 de Febreiro, ás 11:00 h da maña no pobo de Mugares, a 10 km da cidade de Ourense. Coa intención de xantar no bosque e recollernos antes de que veña a noitiña. 
 
Coordinadora: Laura Lobón Castro. 

 

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID:

FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)
Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón