Hosting por dinahosting.
Cargando Actividades

« Todas as actividades

#NOITESnoROCÓDROMO

Data: 7 Maio
Categoría:

Como todos os anos retomamos a clásica actividade do club no rocódromo.

Esta actividade permite un uso do rocódomo conxuntamente tanto ós que xa levan tempo escalando como aos que estan comezando.

O Club Alpino Ourensán pon o material (cordas, arneses, etc) e un monitor. Durante esta actividade só se poderá escalar de segundo de corda xa que estarán postas cordas en todas as reunións.

Horario

Todos os luns de 21:30 a 23:00 horas.

Lembra que esta é unha actividade gratuita de dinamización do rocódromo e a que non é preciso apuntarse. Non é preciso levar cordas, expreses, etc, pero se dispós de arnés, é recomendable levalo ainda que alí tamén dispoñemos de varios. No rocódromo non dispoñemos de pés de gato polo que é preciso levalos ou escalar con zapatillas.

Para participar nesta actividade é preciso ser socio do club.

Informamos tamén que a Xerencia do Pavillón dos Remedios, complexo onde se atopa situado o rocódromo, comunicounos que para o uso do mesmo, todos os deportistas teñen que estar federados ou cun seguro que lles cubra a escalada en rocódromo.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Se continuas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter mais información nesta ligazón