O COUREL: MONTE CIDO E DEVESA DA ROGUEIRA Sábado, 29 de agosto de 2020 O inicio e final da ruta será na localidade de Moreda, aldea encaixada entre o Monte Cido, ao norte,e a devesa da Rogueira cara o Sur. Partiremos en primeiro lugar hacia o Monte Cido, lugar onde moitos historiadores sitúan ao mítico Monte Medulio, derradeiro bastión da resistencia fronte a invasión romana. Este monte, integramente de rocha caliza, é unha lomba que agocha no seu interior, ademais, multitude de covas que se supón foron empregadas polos nativos para protexerse da invasión romana e, moi probablemente, foran tamén refuxio dos derradeiros Maquis durante a Guerra Civil. No seu cordal atópase un dos castros máis grandes de Galicia con máis de tres kms de lonxitude, destacando, a vexetación maiormente mediterránea coa presenza de orquídeas. Desde o Cido, e sempre con espectaculares panorámicas, iremos cara a Devesa da Rogueira, o bosque máis importante de Galicia e unha das zonas con máis biodiversida do continente. Percorreremos este auténtico fósil vivinte abraiándonos coa forza que ten a natureza nun lugar como este ,…
O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
OCOUREL:MONTECIDOEDEVESADAROGUEIRA
Sábado,29deagostode2020
OinicioefinaldarutaseránalocalidadedeMoreda,aldeaencaixadaentreo Monte Cido, ao norte,e a devesa da Rogueira cara o Sur. PartiremosenprimeirolugarhaciaoMonte Cido, lugar onde moitos historiadores sitúan ao mítico Monte Medulio, derradeiro bastión da resistencia fronte a invasión romana.
Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).
Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.
O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.
Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón