Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

O Courel 10-11 decembro 2022

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 10 Decembro
Finaliza: 11 Decembro
Categoría:

Faremos dúas rutas desde Visuña, podédevos apuntar ás dúas ou a unha delas. Achegarémonos ao Courel menos visitado: o lindante co Bierzo. Unha xornada de devesas e outra de cumios.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Domingo 08 de Decembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Descripción da ruta

Faremos dúas rutas desde Visuña, podédevos apuntar ás dúas ou a unha delas. Achegarémonos ao Courel menos visitado: o lindante co Bierzo. Unha xornada de devesas e outra de cumios.

  • Día 10. Desde Visuña ata o faial de Busmayor no Bierzo.

    • Dende Visuña subiremos por baixo da Pena da Aiga e do monte O Faro para entrar no faial de Busmayor no Bierzo, para a volta pasaremos polo Chao do Marco e o Teso da Medorra.
    • Información MIDE ou track/wikiloc
      • Tipo de percorrido Circular
      • Tempo activo 6h 15′
      • Desnivel de subida 1080 m
      • Desnivel de baixada 992 m
      • Distancia horizontal 18,9 Km
      • Severidade do medio 3
      • Orientación no itinerario 3
      • Dificultade no desprazamento 2
      • Cantidade de esforzo necesario 4
  • Día 11. Desde Visuña rubiremos ao Picotiños e/ou á Cogoluda.

    • Desde Visuña rubiremos pasando pola aldea abandonada de Cruces cara ao monte Picotoños (1393m.) e/ou á Cogoluda (1392m.) dependendo das condicións. Con opción de rubida ao PIco Cereixido (1277m.) e paso pola mina abandonada de Cereixido (incremento dunha hora sobre o tempo inicial).
    • Información MIDE ou track/wikiloc
      • Tipo de percorrido Ida e volta
      • Tempo activo 3h 40′
      • Desnivel de subida 595 m
      • Desnivel de baixada 85 m
      • Distancia horizontal 12,6 Km
      • Severidade do medio 3
      • Orientación no itinerario 3
      • Dificultade no desprazamento 2
      • Cantidade de esforzo necesario 3

Data límite para a inscripción

7 de decembro

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…): Visuña, 9:00
  • Transporte: Coches compartidos.
  • Material recomendado: O básico para unha actividade de inverno: os básicos (con calzado resistente) máis frontal. Con posibilidade de neve e garantía de auga.
  • Pernocta: posibilidades de pernocta na Seara (a 20 min. en coche de Visuña).

Requisitos para participar:

Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:

A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón