Un ano mais, xa andamos a organizar a edición 2019 da actividade de Pirineos. Este ano dirixímonos ao pequeno pais enclavado no centro dos pirineos chamado Andorra. …
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 17 de Xullo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Asistencia Sanitaria
A actividade de Pirineos para este 2019 está proposta para Andorra, pais que ainda que pertence a Europa non forma parte da Unión Europea, polo que a tarxeta sanitaria europea non é válida.
- Os afiliados ao réxime xeral da Seguridade Social deben de ir ao INSS e solicitar a cobertura en Andorra.
- Os afiliados a MUFACE, MUJEJU e ISFAS a priori non teñen que facer nada, e no caso de ter que recibir asisitencia sanitaria deberán presentar ás facturas a súa mutua para que esta proceda ao pago.
Licenzas federativas
- Tanto a modalidade B da Federación de Montaña como a modalidade A da Federación de Espeleoloxía cubren Andorra.
Cámping
O cámping escollido para esta actividade é o cámping Els Meners – Janramón, enclavado na zona de Canillo, en pleno corazón dos Pirineos de Andorra
Contacto cámping:
- Web: https://www.elsmeners.com/janramon_contacto.html
- Situación: Carretera general s/n, Canillo AD100, Principado de Andorra
Coma sempre, dende o club reservamos a zona de acampada, sendo responsabilidade de outros participantes xestionar outras opcións como bungalós, albergues, hostais, etc
Actividades propostas
Ademais das actividades propostas, na zona existen escolas de escalada deportiva, varios barrancos e ferratas.
A orde das actividades variará en función da climatoloxía, cansancio, etc
Ademais, estas non son definitivas e estarán suxeitas a cambios en función do grupo
MONTAÑA
Material imprescindible para montaña: Arnés, casco, descensor, cabo de ancoraxe. Valorarase piolet e crampóns conforme se achegue a actividade e se poida valorar o estado da montaña.
Pic de Medacorba e Comapedrosa
Ruta circular saindo e comezando en Arinsal na que se ascenderán o Pic de Medacorba e o Pic de Comapedrosa, maior altitude de Andorra.
Sobre uns 16 km e 1500 metros de desnivel positivo e outros tantos de descenso.
Lagos de Fontargente, Pic de Fontargente, Pic de Noe e Escobes e Vall Manegor .
Actividade circular na que polo Val de Juclar chegaremos ata os Lagos de Fontargente, para dende aquí ascender os Picos de Fontargente, Noe e Escobes. Estos tres cumios son opcionais. Descenderemos cara o Val d’Incles, onde teremos os vehículos polo Vall Manegor.
O sentido desta actividade pode cambiar.
Sobre uns 18 km e 1200 metros de desnivel positivo se se ascenden os tres cumios.
Pic de Font Blanca pola Cresta de Arial
Ascensión ao Pico Font Blanca pola sua asequible cresta de Arial, con dificultades de PD+ (III). Ao baixar tamén se poderá ascender o Pic de Besalí. Imprescindible experiencia en montaña e escalar V+ en escalada deportiva.
Sobre uns 13 km e 1200 metros de desnivel positivo.
Material: Casco, arnés e descendedor.
Crestas de Gargantillar, Pic Negre d’Envalira, Pic de Serra Seca e Pic de Montmalús
Actividade de VIVAC
Actividade polo Estany de Montamlú e o Gargantillar na que realizaremos unha ruta circular de dous días de duración. Ascenderanse varios cumios de mais de 2500 metros adentrándonos en España nalgún momento.
Sobre uns 35 km e 2500 metros de desnivel positivo entre os dous días
SENDEIRISMO
Vall del Riu – Estany Gran de la Vall del Riu
Extraordinario val, no cal se recrea na súa cabeceira a perfección o seu orixe glaciar, acollendo un dos lagos mais grandes de andorra. Tamén se realizará a ascensión ao Pic de l’Estanyó (2915m)
Sobre uns 14 km e 1100 metros de desnivel positivo
Vall d’Incles – Pic de la Coma de Varilles (2759m)
Ruta en parte circular que se adentra polo bosque de la Pinosa, Estany de Cabana Sorda e Estanyó del Querol.
Sobre uns 12 km e 1080 metros de desnivel positivo
De Coll Jovell al Estany Blau
Formidable itinerario de grandes contrastes nunha bela rexión de circos glaciares apenas concurrida. A volta será polo Vall del Madriu (Patrimonio Mundial UNESCO)
Sobre uns 14 km e 1250 metros de desnivel positivo
De Arinsal al Pic de Comapedrosa (2942m)
Saída dende Arinsal, pasada a estación de esquí, para ascender o cumio mais alto de Andora.
Sobre uns 15km e 1400 metros de desnivel positivo
Coll d’Arenes – Pic de Casamanya (2749m)
Actividade de ida e volta na que arrancaremos da localiade de Canillo ascendendo o Pic de Casamanya.
Sobre uns 15km e 1200 metros de desnivel positivo