Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Pirineos 2021 Val de Benasque 1-7 agosto

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 1 Agosto
Finaliza: 8 Agosto

Pirineos 2021 Val de Benasque 1-8 agosto E chegou o momento!! Coa ilusión de sempre e a inestimable axuda de socios e socias, queremos poñer a andar o campamento de Pirineos 2021. Para elo necesitaremos ter unha estimación das persoas que estades interesadas, especialmente no caso daquelas que vaiades facer uso da zona de acampada,…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Domingo 09 de Maio podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Pirineos 2021 Val de Benasque 1-8 agosto

E chegou o momento!!
Coa ilusión de sempre e a inestimable axuda de socios e socias, queremos poñer a andar o campamento de Pirineos 2021.
Para elo necesitaremos ter unha estimación das persoas que estades interesadas, especialmente no caso daquelas que vaiades facer uso da zona de acampada, e así empezar a buscar destino axeitado.
Por suposto, a actividade queda supeditada ás normas e posibles cambios derivados da situación Covid.
A medida que se acheguen as datas iremos dando máis información
Data límite para anotarse domingo 9 de maio
Esta preinscripción non garante ter praza na actividade
Prazas limitadas

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

https://www.benasque.com/es/todo-valle-de-benasque/camping-los-banos

Formulario actividades: https://docs.google.com/form

PROPOSTAsSenderismoPiris2021

proposta actividades montaña Piris2021

https://www.clubalpinoourensan.es/blog/cancion-de-club-club-alpino-ourensan/

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón