E chegou o momento!! Coa ilusión de sempre e a inestimable axuda de socios e socias, queremos poñer a andar o campamento de Pirineos 2023. Para elo necesitaremos ter unha estimación das persoas que estades interesadas, especialmente no caso daquelas que vaiades facer uso da zona de acampada. Si xa sabedes con quen ides compartir…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Venres 30 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Si xa sabedes con quen ides compartir tenda/furgo/caravana…facede a inscrción conxunta para así poder calcular no camping o espazo necesario
Actividades
Nesta ligazón podes consultar todas a información das actividades (VER INFORMACIÓN AQUÍ)
Para ver as actividades no calendario, unha vez seguida a ligazón, selecciona o mes de agosto ou selecciona “lista de actividades”, se fas clic no nome de cada unha delas poderás ver mais información.
Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@