Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Pirineos 2025: Ainsa do 2-9 agosto

Actividade Navegación

Comeza: 2 Agosto
Finaliza: 9 Agosto

Pirineos 2025: Ainsa do 2-9 agosto O primeiro de todo pedimos desculpas e aclarámosvos o cambio de val Cada vez nos resulta máis complicado atopar un cámping que reserve para grupos no mes de agosto. Levamos varios meses intentando localizar un, e nun principio tiñamos previsto facer a actividade nos Pireneos franceses, na zona de…

Inscripción

As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.

Data límite para a inscripción:

  • Venres 30 de Maio mediante formulario web

Realizar inscripción online


Pirineos 2025: Ainsa do 2-9 agosto

O primeiro de todo pedimos desculpas e aclarámosvos o cambio de val

Cada vez nos resulta máis complicado atopar un cámping que reserve para grupos no mes de agosto.
Levamos varios meses intentando localizar un, e nun principio tiñamos previsto facer a actividade nos Pireneos franceses, na zona de Gavarnie. Tiñamos localizados varios cámpings na zona, que non nos reservaban parcelas para grupos, pero si parcelas para un máximo de 6 persoas. Por iso, chegamos a valorar que fosen os propios participantes quen fixesen as reservas individualmente.
Porén, finalmente indicáronnos que non admiten grupos en agosto, independentemente de como se fagan as reservas, aínda que sí o fan en calquera outra época do ano.
Mudamos entón á zona española, e aquí a maioría dos cámpings non reservan nin para grupos nin para particulares.
Desesperados, nun dos cámpings aos que chamamos preguntamos se coñecían algún que si fixese reservas para grupos, e recomendáronnos o Camping Peña Montañesa, preto de Aínsa.
Sabemos que non ten a mellor das localizacións, pero intentaremos compensarvos con actividades que farán esquecer os posibles inconvenientes do cámping.
Estamos valorando cambiar as datas da actividade dos Pireneos, pero iso será para o ano que vén, xa que sabemos que moitos xa tendes pedidas as vacacións deste ano.

Despois deste rollo 😅, deixámosvos aquí a ligazón do cámping para que lle botedes unha ollada:
🔗https://www.penamontanesa.com/
Temos que confirmarlles a finais de mes o número de parcelas que precisamos.
Como todos os anos, o club só se encarga de reservar a zona de acampada; o resto de aloxamentos corren por conta dos participantes.

No momento da inscrición, deberedes facer un ingreso de 100 € por parcela completa ou 50 € por parcela compartida, xa que temos que facer o pagamento ao cámping a comezos do mes de xuño.

A continuación indicámosvos as tarifas :

💶 Prezos parcela por noite (IVA incluído):

Parcela: 38 €

Adulto: 9,50 €

Neno/a (2 a 10 anos): 9 €

Animal doméstico: 6 €

Coche ou tenda extra: 9,50 €

No prezo da parcela inclúese a electricidade, 1 coche e 1 unidade de acampada (tenda, caravana ou autocaravana).
Cada parcela pode ser ocupada por un máximo de 6 persoas e 1 unidade de acampada ou vehículo extra.
Por exemplo: 2 tendas e 1 coche, ou 2 coches e 1 tenda. Tamén se permite 1 autocaravana e 1 tenda na mesma parcela.

🏡 Tarifas dos bungalós por noite (IVA incluído):

Bungaló para 2 persoas: 120 €

Bungaló para 3 persoas: 158 €

Bungaló para 4 persoas: 185 €

Bungaló para 5 persoas: 205 €

As actividades serán do domingo 3 ata o venres 8 de agosto

En canto teñamos a planificación iremos informado das actividades das diferentes seccións:

* Barrancos * Infantís * Sendeirismo * Montaña * Alpinismo

Transporte:Coches particulares

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade


Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón