Pirineos 2026 do 15-22 agosto- Val Gistaín- Huesca A medida que se acheguen as datas iremos dando máis información das actividades, pero precisamos saber o número de participantes par air facendo a reserva no camping. A zona elexida este ano é o Val de Gistaín Ollo as nova datas :15-22 agosto as activides faranse de…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 03 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Pirineos 2026 do 15-22 agosto- Val Gistaín- Huesca

A medida que se acheguen as datas iremos dando máis información das actividades, pero precisamos saber o número de participantes par air facendo a reserva no camping.
A zona elexida este ano é o Val de Gistaín
Ollo as nova datas :15-22 agosto as activides faranse de domingo a venres (16-21)
Iste ano non contamos con actividades infantís, haberá sendeirismo e montaña.
Para formalizar a inscrición deberedes ingresar na conta do Club 50€ de anticipo por unidade de acampada, se reservas pola túa conta non tes que anticipar nada
Conta bancaria do club: ES03 0049 7799 50 2610012560 (Banco Santander)
Tarifas 2026 Camping El Forcallo:
https://campingelforcallo.wordpress.com
Persoa:7,50€
Tenda:7,50€
Coche:7€
Furgoneta ou caravana:8,50€
Mascota:3,50€
Luz:6,50€
O acceso ao cámping é por unha pista forestal duns 10 kms, hai algún anaco de só un vehículo pero é accesible sen problema. No cámping teñen unha pequena tenda moi básica dentro do bar, pero os do camping adoitan baixar ao pobo case todos os días, non habería problema por pan, xa que o encargariamos na panadería enolo subirian.
O tema de alimentación, hai un supermercado en Plan , e eles sen problema poderían subir os pedidos que lle fixéramos (teléfono, é Alimentación Mur, Rubén 636575940) .
Transporte:Coches particulares
Para os desprazamentos que se fagan dentro das actividades de Pireneos, desde a Xunta Directiva propoñemos , se se comparte coche, establecer un custo de 0.26€ * quilómetro* número de coches e a repartir entre o número de participantes de cada actividade
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade e ter os coñecementos e capacidade física necesarias para poder realizalas (actividades non guiadas)
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@







