Xurés 26-27 marzo 2022 SÁBADO 26 DE MARZO – PICO NEVOSA SAÍDA DENDE A CAPELA DA NOSA SEÑORA DO XURÉS HORA DE SAIDA: 9:30h LONXITUDE: 19 km con 1123m de desnivel CIRCULAR Sairemos dende a ermida polo camiño que vai á b eira do río Vilameá ata as Minas das Sombras. A partir de aquí…
O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
Ata o Mércores 23 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Xurés 26-27 marzo 2022
SÁBADO 26 DE MARZO – PICO NEVOSA
SAÍDA DENDE A CAPELA DA NOSA SEÑORA DO XURÉS
HORA DE SAIDA: 9:30h
LONXITUDE: 19 km con 1123m de desnivel
CIRCULAR
Sairemos dende a ermida polo camiño que vai á b eira do río Vilameá ata as Minas das Sombras. A partir de aquí teremos que seguir sendeiros máis pechados entre algunas xestas e rebolos ata chegar ao cordal que fai as veces de frontera con Portugal, e buscaremos o Pico Nevosa.
A Ruta da Corga da Fecha é unha das rutas máis atractivas de todo o parque da Baixa Limia- Serra d Xurés, na que se pode ver a impresionante Fervenza da Corga da Fecha, e interesantes elementos etnográficos e históricos como a Cabaniña do Curro, a vila romana Aquis Originis e a antiga Vía Nova XVIII que unía Braga con Astorga.
Indicar en observacións do formulario si vas as dúas rutas
O Club no xestionará as pernoctas
Material recomendado: calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar, auga e comida para pasar o día.
Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas
Coordinadoras : Lurdes e Toni
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición. Agradecemos a vosa comprensión
Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).
Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.
O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.
Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón