Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Pitões das Júnias – Capela São João da Fraga – Pico Fonte Fria– Pitões das Júnias 16 outubro

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 16 Outubro
Categoría:

Pitões das Júnias – Capela São João da Fraga – Pico Fonte Fria– Pitões das Júnias ¡¡¡PRAZAS COMPLETAS!!! O sábado 16 de outubro  propoñemos unha circular no PNG na que, partindo de Pitões das Júnias, subiremos ao Pico Fonte Fria (1.457 m) despois de pasar pola Capela São João da Fraga Tipo de ruta: circular…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Pitões das Júnias – Capela São João da Fraga – Pico Fonte Fria– Pitões das Júnias

¡¡¡PRAZAS COMPLETAS!!!

O sábado 16 de outubro  propoñemos unha circular no PNG na que, partindo de Pitões das Júnias, subiremos ao Pico Fonte Fria (1.457 m) despois de pasar pola Capela São João da Fraga
Tipo de ruta: circular
Duración: 7- 8 h
Desnivel: 1100 m aprox.
Dificultade: media , hai unha trepada para acceder á cima do Fonte Fria
INFORMACIÓN DE ACTIVIDADES
Proposta para o sábado 19 de xuño : Circular Pitões das Júnias – Capela São João da Fraga – Pico Fonte Fria – Pitões das Júnias
Información útil
Comezo (lugar, hora…):
Hora: 9:00 h
Lugar: Estacionamento en Pitões das Júnias
Transporte:Coches particulares
Material recomendado:
Calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda e de abrigo , auga e comida para pasar o día.
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade de sendeirismo é gratuíta.

Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID:

FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)

Información técnica
Actividades de sendeirimo / Montaña
Primeiro tramo ata a capela:
https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/pitoes-das-junias-capela-de-sao-joao-da-fraga-379460
Segundo tramo : dende a capela ata o pico Fonte Fria non hai camiño marcado
Terceiro tramo dende Pico Fonte Fria a Pitoes :
https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/trilho-pitoes-das-junias-fonte-fria-18585268
Descripción da ruta
A ruta proposta é unha circular(18 km)
. O primeiro tramo, dende Pitões das Júnias ata a Capela São João da Fraga é un camino evidente. A partir da capela non hai camiño claro polo que teremos que ir monte a través até alcanzar o noso obxectivo.
Pitões das Júnias – Mosteiro de Sta. Maria das Júnias– Miradouro da Cascata de Pitões das Júnias–Parada de Outeiro
https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/pitoes-das-junias-cascada-y-monasterio-embalse-de-paradela-y-foso-do-lobo-de-parada-17681587
Descripción da ruta
Pitões das Júnias – Mosteiro de Sta. Maria das Júnias – Miradouro da Cascata de Pitões das Júnias –Parada de Outeiro
*AVISO IMPORTANTE: Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón