Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Prácticas de montaña en terreo escarpado

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 20 Maio
Categorías: ,

Actividade organizada pola Sección de Veteranos do club. Consistirá en desprazase camiñando dende o Refuxio do club en Manzaneda a 1550 m. de altitude ata a zona de escalada das Aguilladas para realizar prácticas de trepada en montaña e repasar técnicas de seguros e descenso en rápel.…


Actividade organizada pola Sección de Veteranos do club. Consistirá en desprazase camiñando dende o Refuxio do club en Manzaneda a 1550 m. de altitude ata a zona de escalada das Aguilladas para realizar prácticas de trepada en montaña e repasar técnicas de seguros e descenso en rápel.
A volta cara o refuxio será pasando polo cumio de Cabeza de Manzaneda (1778 m. de altitude)..

A duración da actividade será dunhas 6 ou 7 horas.

Inscripción

Data límite para a inscripción:

  • Martes 15 de maio mediante o correo [email protected]
  • Mércores 16 de maio no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Ás 09:00 nas escaleiras do edificio politécnico do campus. Ver detalle.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Casco, arnés, 3 mosquetóns de seguro (1 HMS polo menos), descensor, cordino para nudo autoblocante, cabo de ancoraxe, roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón