Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Progresión alpina en terreos escarpados e rapel

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 12 Maio
Categorías: ,

Actividade de media xornada organizada pola sección de veteranos no Canón do Sil nos sectores Camachuelo e A Ferrata co obxetivo de actualizar os coñecementos e as maniobras de progresión en escalada. Practicaránse rapel, aseguramentos, nudos básicos, etc A actividade realizarase ata as 15 horas, con posibilidade de xantar comunitario (avisar á hora de inscribirse)…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 08 de Maio podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Actividade de media xornada organizada pola sección de veteranos no Canón do Sil nos sectores Camachuelo e A Ferrata co obxetivo de actualizar os coñecementos e as maniobras de progresión en escalada. Practicaránse rapel, aseguramentos, nudos básicos, etc
A actividade realizarase ata as 15 horas, con posibilidade de xantar comunitario (avisar á hora de inscribirse) nunha casa de comidas da zona.

Pola tarde poderase seguir trepando na escola e realizando prácticas.

Repasaranse materiais, nocións e técnicas de fortuna, iniciación ao rapel ( distintas tipos ), progresión en sendeiros verticais e zonas escarpadas…

Trátase dunha actividade pensada para á iniciación e mantemento da xente que quere visitar a montaña escarpada sen gran compromiso físico.

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Ás 09:30 nas escaleiras do edificio politécnico do campus. Ver detalle.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Arnés, casco, cabos de ancoraxe, 3 mosquetóns de seguro, cinta ou cordino de 1m e aparato descensor (cesta, oito…). Non son imprescidibles pés de gato.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón