Propostas actividades 2026 Finalizando este decembro , convocamos a todos o socios e socias a unha reunión o venres 19 de decembro as 19:00h no local social para organizar o arranque do 2026. Esta vez ao rematar a reunión desfrutaremos duns pinchos e un brindis (ao mellor anima a asistir). Será un estupendo xeito de celebrar…
Propostas actividades 2026

Finalizando este decembro , convocamos a todos o socios e socias a unha reunión o venres 19 de decembro as 19:00h no local social para organizar o arranque do 2026. Esta vez ao rematar a reunión desfrutaremos duns pinchos e un brindis (ao mellor anima a asistir). Será un estupendo xeito de celebrar o final deste exitoso ano, polo menos no que a participación e propostas se refire, e brindar por un novo ano cheo de posibilidades.
Tamén podedes enviarnos a propostas por correo: [email protected] xa sabedes, indicando na medida do posible unha data concreta, ou incluso varias opcions de data. Así, entre todos faremos o posible por encaixalas
Porque, sen querer repetirnos, insitimos en que seguides mostrando unha impliación e colaboración da que presumimos sempre que podemos… solo hai que ver como está este mes…. nin chegando a finais ano faltaron os folgos…. este club e incrible.
O dito, aqueles que poidades e queirades vir, o dia 19 vemonos no club a partir das 19 horas. Seguro que sera un pracer!
BRINDIS DO NADAL

Como ven sendo tradicional, faremos o brindis navideño para despedir o ano , no local do club, un ano de actividades realizadas coa mellor compañia.
Acábase un ano cheo de lembranzas, pero comeza un novo ano que será ainda mellor.
Queremos aproveitar para darvos as grazas aos socios e socias, xa que este club non sería o mesmo sen vós.
Quedades todos convidados: venres 19 ás 20:00 horas no local.
O mércores 17 será o último día que abra o club no seu horario habitual e o local permanecerá pechado tras esta celebración, ata o mércores 7 de xaneiro de 2026, no que retomaremos as actividades de xeito habitual.
Feliz Ano 2026







