Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Propostas actividades 2023 – 23 decembro

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 23 Decembro
Categoría:

Propostas actividades 2023 Finalizando este decembro cargadiño de actividades, convocamos a todos o socios e socias a unha reunión o venres 23 de decembro as 19:00h no local social para organizar o arranque do 2023. Esta vez ao rematar a reunión desfrutaremos duns pinchos e un brindis (ao mellor anima a asistir). Será un estupendo…


Propostas actividades 2023

Finalizando este decembro cargadiño de actividades, convocamos a todos o socios e socias a unha reunión o venres 23 de decembro as 19:00h no local social para organizar o arranque do 2023. Esta vez ao rematar a reunión desfrutaremos duns pinchos e un brindis (ao mellor anima a asistir). Será un estupendo xeito de celebrar o final deste exitoso ano, polo menos no que a participación e propostas se refire, e brindar por un novo ano cheo de posibilidades.

Tamén podedes enviarnos a propostas por correo([email protected]), xa sabedes, indicando na medida do posible unha data concreta, ou incluso varias opcions de data. Así, entre todos faremos o posible por encaixalas (na ultima reunión acabamos sudando, e houbo algún-algunha a quen non lle chegaban os dedos, entre as actividades que organizaba e outras nas que quería participar… xenial).

Porque, sen querer repetirnos, insitimos en que seguides mostrando unha impliación e colaboración da que presumimos sempre que podemos… solo hai que ver como está este mes…. nin chegando a finais ano faltaron os folgos…. este club e incrible.

O dito, aqueles que poidades e queirades vir, o dia 23 vemonos no club a partir das 19 horas. Seguro que sera un pracer!

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón