Quedada de escalada deportiva na escola de Valdehuesa. Lugar onde se realiza: Valdehuesa (Cuenca do Porma, León) Data: 2 e 3 de outubro de 2021. Descripción: Preténdese dar a coñecer esta escola de escalada leonesa, a todos aqueles que non a coñezades e seguir aumentando a motivación pola escalada en rocha, disfrutando de novos…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Quedada de escalada deportiva na escola de Valdehuesa.
Lugar onde se realiza: Valdehuesa (Cuenca do Porma, León)
Data: 2 e 3 de outubro de 2021.
Descripción:
Preténdese dar a coñecer esta escola de escalada leonesa, a todos aqueles que non a coñezades e seguir aumentando a motivación pola escalada en rocha, disfrutando de novos lugares e vías de calidade.
Poderedes aproveitar a presencia de xente do clube coñecedora destas paredes que vos poderá suxerir e montar algunha vía.
Juan Carlos Guerrero “Colín”, un dos habituais da escalada en León, describe esta escola: “ Valdehuesa fue el paraíso original donde mordimos la manzana prohibida, paredes como los girasoles mirándole al sol a los ojos, allí nos abandonamos a la desmemoria de las horas mecánicas que golpeaban nuestra sangre mortal” (Boza, 2014, p. 36).
Información técnica:
Material recomendado: As participantes deben contar con calzado axeitado (pes de gato), roupa de abrigo e o material de escalada propio en caso de telo: arnés, casco, cintas express, sistema de freo, corda (O clube pode facilitar un número limitado de material)
Orientación: Sectores preponderantemente de orientación sur.
Rocha: Caliza de gran variedade de rutas e de tódolos graos.
Tipo de escalada: Recorridos técnicos de resistencia, mézclanse con placas tumbadas. O uso dunha boa xestualidade de pes farase notar.
Croquis: http://escaladaleon.blogspot.com/p/croquis-valdehuesa.html
Publicacións: (Boza, Alberto. 2014) Escalada deportiva en la Cordillera Cantábrica.
Información práctica:
Comida e auga para o día de escalada: froita, barritas enerxéticas, doces, algún pincho lixeiro por exemplo e auga.
Lugar e hora de quedada: O día 1 as 17:00-18:00h no Pabellón dos Remedios de Ourense, ou o propio día en 2 en Boñar
Pernocta: En Boñar hai múltiples posibilidades de aloxamento. O Camping municipal non está aberto nesas datas. Pódese durmir en furgo na área recreativa de Boñar
Por motivos Covid, non se xestionará aloxamento.
Requisitos mínimos para participar: ter realizado algún curso de iniciación á escalada ou algún“coñec e a escalada” e por tanto saber asegurar e encordarse.
N.º de participantes: en función do material dispoñible no clube e das prazas nos vehículos.
Data límite de inscripción: 29 de setembro de 2021
Medios de transporte: Desprazamento en vehículos particulares (3h32min).
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID:
FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión
Coordinador: Manuel Veiga
Contacto: [email protected]
Sección: Escalada.