Quedada de escalada deportiva : Quirós Retomamos esta actividade aprazada do mes de xuño Novas datas 19-20 outubro Nome da actividade: Quedada de escalada deportiva na zona de Quirós Lugar onde se realiza: Quirós (Valle del Trubia) Data: 19 e 20 de outubro de 2024. Descripción: Preténdese dar a coñecer este entorno de escalada asturiano, a…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 16 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Quedada de escalada deportiva : Quirós
Retomamos esta actividade aprazada do mes de xuño
Novas datas 19-20 outubro
Nome da actividade: Quedada de escalada deportiva na zona de Quirós
Lugar onde se realiza: Quirós (Valle del Trubia)
Data: 19 e 20 de outubro de 2024.
Descripción:
Preténdese dar a coñecer este entorno de escalada asturiano, a todos aqueles que non a coñezades e seguir aumentando a motivación pola escalada en rocha, disfrutando de novos lugares e vías de calidade. Poderedes aproveitar a presencia de xente do clube coñecedora destas paredes que vos poderá suxerir e montar algunha vía. Trátase dunha zona de escalada un tanto olvidada polos escaladores que buscan graos elevados en favor da súa irmá máis próxima Teverga, pero que no seu momento foi punteira e que sen dúbida, fará as delicias do escalador primerizo ou dos de grao medio. É posible a realización de itinerarios de varios longos.
A escalada en Quirós ven de lonxe, xa nos anos 60 empezábase a apretar por estes verdes lares. Isaac Montes “Nano” chegou por alí nos anos 90 e comenta: “.. aquí encontramos nuestro sitio. Un lugar donde se aprende. Una Escuela de escalada. Un lugar donde perderse y también donde encontrarse. El lugar donde escalábamos, el lugar donde juntos, celebrábamos la vida” (Boza, 2014, p. 177).
Información técnica:
Material necesario facilitado polo clube:O clube pode facilitar un número limitado de material (indicar na inscripción que se precisa).
Material recomendado:As participantes deben contar con calzado axeitado (pes de gato), roupa de abrigo, protección solar e o material de escalada propio en caso de telo: arnés, casco, cintas express, sistema de freo, corda.
Orientación: Sectores de tódalas orientacións, a partir das catro da tarde teremos sombra no verán.
Rocha: Caliza de gran variedade de rutas e de tódolos graos.
Tipo de escalada: Recorridos técnicos donde a intuición e os movementos a esquerda e dereita pola parede, levaranos a atopala combinación máis axeitada para resolvela cadea. Tamén atoparemos desplome.
Croquis: Na páxina do “Maquis”: http://www.elmaquis.net/escaladas/webesdeportiva/quiros-llano.htm en formato pdf os podedes descargar aquí: http://www.escaladaasturias.com/docs/Asturias/Quiros.pdf
Publicacións: (Boza, Alberto. 2014) Escalada deportiva en la Cordillera Cantábrica.
(Adrados, Miguel A. 2005) Cordillera Cantábrica escaladas selectas en roca.
(Puente, Esaú 2013) Escalada deportiva Asturias.
(Patterson, Richie 2015) Roca Verde. Escalada deportiva en la Cordillera Cantábrica: Asturias, Cantabria & León.
Información práctica:
Comida e auga para o día de escalada: froita, barritas enerxéticas, doces, algún pincho lixeiro por exemplo e auga.
Saída eTransporte: Organizarase o transporte en coches particulares no lugar de quedada. Tamén é posible quedar directamente no El Llano no caso de querer sair antes. (Indicar na folla de inscripción se dispón de coche, a data de saída e número de prazas que pode compartir).
Pernocta: as pernoctas corren por conta dos participantesPosibilidade de aloxamento: no albergue de Arrojo que atópase a uns 5 km da zona de escalada. Trátase dun albergue municipal polo que as prazas son poucas. A outra posibilidade e reservar no Refugio del Llano, dependiente de la Federación de Montaña do Principado de Asturias, neste caso trataríase de habitación compartida de 26 prazas.
Observacións: A aldea de El Llano é o punto de partida para subir ós sectores de escalada, é onde atópase o refuxio da federación, pero as súas reducidas dimensións fai que aparcar alí é prácticamente imposible polo que súbese cos coches ata El Llano, para descargalo material e a xente e logo hai que baixalos ata a Aciera (a Garda Civil multa a quen estacione nas beiras da pista que une a Aciera co El Llano). Se súbese andando dende o aparcadoiro do bar de Aciera, aproximadamente son 10 minutos.
Requisitos mínimos para participar: ter realizado algún curso de iniciación á escalada ou algún “coñece a escalada” e por tanto saber asegurar e encordarse.
N.º de participantes: 10-15
Data límite de inscripción:
Medios de transporte: Desprazamento en vehículos particulares (4h15min).
Coordinadores: Manuel Veiga e Fito Alonso , sociose federados do Clube Alpino Ourensán, non son guías tituladosn, nin se dedica profesionalmente a este ámbito, non cobran polas actividades propostas ou coordinadas xa que non teñen unha titulación regulada para poder facelo, pero si presentan unha amplia experiencia como afeccionadso no eido da montaña e profesionalmente no campo da docencia. Gosta de adicar certo tempo de lecer a compartir experiencias na montaña cos amigos do CAM baixo a consideración dun guiados benévolos.
Contacto: [email protected]
Sección: Montaña/Escalada.
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)