Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Quedada de escalada deportiva Valdehuesa : 8-9 outubro 2022

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 8 Outubro
Finaliza: 9 Outubro
Categoría:

Quedada de escalada deportiva Valdehuesa : 8-9 outubro 2022 Descripción: Preténdese dar a coñecer esta escola de escalada leonesa, a todos aqueles que non a coñezades e seguir aumentando a motivación pola escalada en rocha, disfrutando de novos lugares e vías de calidade. Poderedes aproveitar a presencia de xente do clube coñecedora destas paredes que…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 05 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Quedada de escalada deportiva Valdehuesa : 8-9 outubro 2022

Descripción:

Preténdese dar a coñecer esta escola de escalada leonesa, a todos aqueles que non a coñezades e seguir aumentando a motivación pola escalada en rocha, disfrutando de novos lugares e vías de calidade. Poderedes aproveitar a presencia de xente do clube coñecedora destas paredes que vos poderá suxerir e montar algunha vía. Juan Carlos Guerrero “Colín”, un dos habituais da escalada en León, describe esta escola: “ Valdehuesa fue el paraíso original donde mordimos la manzana prohibida, paredes como los girasoles mirándole al sol a los ojos, allí nos abandonamos a la desmemoria de las horas mecánicas que golpeaban nuestra sangre mortal” (Boza, 2014, p. 36).

Información técnica:

Material necesario facilitado polo clube:

O clube levará cordas e cintas express

O clube pode facilitar un número limitado de material: arnes, casco, grilo,mosquetóns (indicar na inscripción que se precisa e pasar polo clube a buscalo).

Material recomendado:

@s participantes deben contar con calzado axeitado (pes de gato), roupa de abrigo e o material de escalada propio en caso de telo: arnés, casco, cintas express, sistema de freo, corda.

Orientación: Sectores preponderantemente de orientación sur

Rocha: Caliza de gran variedade de rutas e de tódolos graos.

Tipo de escalada: Percorridos técnicos de resistencia, mézclanse con placas tumbadas. O uso dunha boa xestualidade de pes farase notar.

Croquis:http://escaladaleon.blogspot.com/p/croquis-valdehuesa.html

Publicacións:(Boza, Alberto. 2014) Escalada deportiva en la Cordillera Cantábrica.

Información práctica:

Lugar y hora de quedada: 10:30h del sábado día 8 na escola de escalada deValdehuesa

Comida e auga para o día de escalada: froita, barritas enerxéticas, doces, algún pincho lixeiro por exemplo e auga.

Pernocta: En Boñar hai múltiples posibilidades de aloxamento. O Camping municipal non está aberto nesas datas. Pódese durmir en furgo na área recreativa de Boñar 

 

Requisitos mínimos para participar:

Ter realizado algún curso de iniciación á escalada ou algún “coñece a escalada” e por tanto saber asegurar e encordarse.

Data límite de inscripción:5 de outubro de 2022

Medios de transporte:Desprazamento en vehículos particulares (3h32min dende Ourense)

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Coordinador:Manuel Veiga

Contacto:m[email protected]

Sección:Escalada.

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón