Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Quedada escalada deportiva: Costa norte Galicia 17-18 xuño (cancelada por falta de participantes)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 17 Xuño
Finaliza: 18 Xuño
Categoría:

Actividade para dar a coñecer varias zonas de escalada en acantilados na zona norte de Galicia, o entorno de Ponteume / A Coruña. …

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 14 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Descripción actividade

Actividade para dar a coñecer varias zonas de escalada en acantilados na zona norte de Galicia, o entorno de Ponteume / A Coruña.

Visitaremos as escolas de O Chanteiro e de Mera.

A nosa intención é facilitar a escalada para calquera persoas que desexe incluso iniciarse na escalada en rocha. Animádevos sen importar o nivel de escalada.

A escalada será deportiva ou clásica en función do desexo e experiencia da cordada.

As escolas propostas son orientativas. A escalada en cantís depende de moitos factores meteorolóxicos como o vento, a mar de fondo, a altura da maréa, a orientación da parede, a temperatura e humidade etc. así que as zonas son orientativas pero poderían cambiar.

Decidiremos os sectores nos que escalar xa nos propios lugares.

Data límite para a inscripción

mércores 14 de Xuño de 2023 21:00h

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…):
    • Sábado 17 xuño, 8h30, Pavillón dos Remedios (Fronte a Mutua).
  • Transporte: Transportes particulares.
  • Material recomendado:
    • Obrigatorio: Casco, pes de gato, arnés. (se non se dispón de este matarial, o clube dispón para esta actividade de cascos e arneses).
    • Se se dispón do seguinte material traer:
      • Corda de uso en simple de 50 m ou máis.
      • 10 cintas expreses.
      • Cabo de ancoraxe e mosquetón correspondente.
      • Sistema de freno (estilo Grigri, cesta, ATC, etc)
    • Se se quere facer escalada clásica traer material persoal a tal efecto: friends, fisureros, cinta e mosquetóns de reunións, material para rapel.
  • Pernocta:  (reserva por conta dos participantes)

Requisitos para participar:

Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:

  • Gratuíta.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Coordinadore: Víctor

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón