Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Quedada escalada: Hoces Vegacervera 1-2-3 maio

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 1 Maio
Finaliza: 3 Maio
Categoría:

  Descripción Preténdese dar a coñecer esta escola de escalada leonesa, a todos aqueles que non a coñezades e seguir aumentando a motivación pola escalada en rocha, disfrutando de novos lugares e vías de calidade. Poderedes aproveitar a presencia de xente do clube coñecedora destas paredes que vos poderá suxerir e montar algunha vía. Para…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 29 de Abril podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

 

Descripción

Preténdese dar a coñecer esta escola de escalada leonesa, a todos aqueles que non a coñezades e seguir aumentando a motivación pola escalada en rocha, disfrutando de novos lugares e vías de calidade. Poderedes aproveitar a presencia de xente do clube coñecedora destas paredes que vos poderá suxerir e montar algunha vía. Para os máis intrépid@s tamén tedes as paredes das Hoces de Vegacervera donde facer algunha vía de cacharros.

Data límite para a inscripción

Mércores 29 de abril

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…):Vegacervera
  • Transporte: Transporte en coches particulares.
  • Material recomendado:
    • Deportiva: as participantes deben contar con calzado axeitado (pesa de gato), roupa de abrigo e o material de escalada: casco, cintas express, sistema de freo, corda (mellor de 70 ou 80 m).
    • Material técnico clásica: casco, arnés, descensor (tipo Reverso ou ATC), cordino para nós bloqueantes, cintas e cordinos reunión, mosquetóns de seguro, cabo de ancoraxe.
    • Material por cordada: 2 cordas dobles ou 1 simple de triple homologación, friends (xogo completo ata o número C3 de camalot), entaladores, 10-12 cintas extensibles e expreses.
      (Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso)
    • Material xeral recomendado: botas ou zapatillas de trekking, prendas de abrigo, protección solar, mochila de escalada, cantimplora ou bolsa tipo camel, barritas ou comida de ataque, frontal, botiquín.

Requisitos para participar:

  • Escalada deportiva: ter realizado algún curso de iniciación á escalada ou algún “coñece a escalada” e por tanto saber asegurar e encordarse.

  • Para escalada clásica: Ter feito algún “coñece a escalada” e participar nas actividades de “Compromiso Alpino”, saber encordarse e rapelar, escalar de segundo de corda mínimo V ou de primeiro de corda 6a.

  • Ser socio do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade.

Prezo:

  • Actividade é gratuíta.

Actividades propostas

  • Deportiva: Rocha, caliza gris e con formacións, de gran variedade de rutas e de graos. Recorridos técnicos de resistencia, mézclanse con placas tumbadas. Sol ata as 16:00h.
  • Clásica: Segundo o nivel das cordadas. Propóñense unha serie de liñas que en función do perfil dos inscritos poderanse axustar.
    • LO QUE HA DE VENIR. MD Inf. 140 m. 6a.
    • EL FILANDON MD Inf. 140 m. (V+)

Información Técnica:

Boza, Alberto. 2014 Escalada deportiva en la cordillera Cantábrica.
Richie Patterson. 2022 Roca Verde 3a. Escalada deportiva en la cordillera Cantábrica.
https://www.arcoguia.com/hoces-free-croquis-actualizados-de-escalada-2020/
https://lagarafa.blogspot.com/2014/06/hoces-de-vegacervera-lo-que-ha-de-venir.html

 

Coordinador:

Manuel Veiga. Socio e federado do Clube Alpino Ourensán, non é guía titulado, nin se dedica profesionalmente a este ámbito, non cobra polas actividades propostas ou coordinadas xa que non ten unha titulación regulada para poder facelo, pero si presenta unha amplia experiencia como afeccionado no eido da montaña e profesionalmente no campo da docencia. Gosta de adicar certo tempo de lecer a compartir experiencias na montaña cos amigos do CAM baixo a consideración dun guiado benévolo.
Contacto: [email protected]

Sección: Montaña/Escalada.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

 

 

 

 

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón