Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Raquetada no Macizo de Trevinca 8 febreiro(Actividade aprazada por falta de neve)

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 8 Febreiro
Categorías: ,

Raquetada coa sección de veteranos para ascender o Vizcodillo…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 05 de Febreiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Actividade aprazada por falta de neve

Actividade programada pola sección de veteranos do Club Alpino para ascender o Vizcodillo (2127 m.) no macizo de Trevinca con raquetas.

Descripción xeral:
Raquetada no macizo de Trevinca-Serra da Cabrera coa ascensión o Vizcodillo (2121m) dende o Alto do Peñon

Información útil
Comezo 
Sábado 8: Alto do Peñón

Transporte:
O día 8 ás 09:00h no Politécnico do campus nas Lagoas.

Organizaremos o transporte en coches particulares no lugar de quedada.  (Indicar
na folla de inscrición se dispón de coche,  e número de prazas que pode compartir).
Material:
Os participantes deben contar con raquetas de neve (o clube ten un número limitado deste material que podedes solicitar, serán reservados por rigorosa orde de inscrición).

Material xeral recomendado: botas  semirríxidas,roupa de abrigo e impermeable para condicións invernais, luvas, protección solar, lentes de sol,mochila de 20-30L, cantimplora ou bolsa tipo camel, comida de ataque para pasar o día,frontal, polainas e raqueta

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón