Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Rocódromo outubro 2019 – maio 2020

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 1 Outubro
Finaliza: 31 Maio
Categoría:

Como todos os anos retomamos a clásica actividade do club no rocódromo…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 27 de Maio podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Como todos os anos retomamos a clásica actividade do club no rocódromo. Esta actividade permite un uso do rocódomo conxuntamente tanto ós que xa levan tempo escalando como aos que estan comezando.

Horario:

O horario de uso do Pavillón dos Remedios é de luns a venres de 20:00 a 23:00 horas con material propio, excepto os martes e xoves de 20.00 a 22:00 horas nos que está dispoñible o material propio do Club.

Na seguinte ligazón atoparás as Normas de uso da instalación. Normas de uso do rocódromo 2019-2020

Lembra que para facer uso do mesmo deberás facer a inscrición previa.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón