Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Rocódromo tempada 2021-2022 (01/10/2021-30/06/2022)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 1 Outubro
Finaliza: 30 Xuño
Categoría:

Rocódromo tempada 2021-2022 (01/10/2021-31/05/2022) Aclaracións uso  do rocódromo: • As normas xerais de uso do roco seguen sendo as indicadas máis abaixo. • As persoas usuarias do rocódromo deben ter autonomía (saber asegurar e asegurarse e abrir as vías) e dispoñer de material propio. • Existe un grupo de Telegram no que as persoas socias…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 30 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Rocódromo tempada 2021-2022 (01/10/2021-31/05/2022)


Aclaracións uso  do rocódromo:
• As normas xerais de uso do roco seguen sendo as indicadas máis abaixo.
• As persoas usuarias do rocódromo deben ter autonomía (saber asegurar e asegurarse e abrir as vías) e dispoñer de material propio.
• Existe un grupo de Telegram no que as persoas socias anotadas nesta actividade se coordinan para asistir ao rocódromo. Avisade no teléfono do club (642 97 31 58) se queredes que vos inclúan nese grupo.
• Só no horario do venres pola mañá(11:30-13:00) pódese escalar con material do club. Se aparece algunha persoa voluntaria poderíase ampliar esta posibilidade a outro horario.

Lembra que para facer uso do rocódromo deberás facer a inscrición previa e adxuntar  o ANEXO II modelo declaración responsable e aceptación de condicións de participación e de información sobre a COVID-19 na volta aos adestrementos e competicións deportistas.

Como todos os anos retomamos a clásica actividade do club no rocódromo. Esta actividade permite un uso do rocódomo conxuntamente tanto ós que xa levan tempo escalando como aos que están comezando.

Horario:

O horario de uso do Pavillón dos Remedios :
Luns      : 9:00-16:00 / 20:00-23:00
Martes   : 9:00-16:00 / 21:30-23:00
Mércores: 9:00-11:00 / 12:30-16:00
Xoves     : 9:00-16:00 / 20:00-23:00
Venres    : 9:00-16:00 / 21:30-23:00

* con material propio,  os venres de 11:30 a 13:00  nos que estará disponible o material propio do Club ( o horario con material do club poderá ir cambiando e se irá notificando no grupo que se cree para informar sobre as novidadades do  rocódromo)

* os horarios de tarde serán compartidos con Asesou

Lembra que para facer uso do rocódromo deberás facer a inscrición previa e adxuntar  o ANEXO II modelo declaración responsable e aceptación de condicións de participación e de información sobre a COVID-19 na volta aos adestrementos e competicións deportistas.

ANEXO II MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE E ACEPTACIÓN DE CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN E DE

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade e ter pagado o abono, mínimo mensual, de acceso o Pavillón dos Remedios( o abono diario non o teñen operativo)

Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas

Na seguinte ligazón atoparás as Normas de uso da instalación no horario do Club Alpino Ourensán ; .Normas uso rocódromo 2021

Debido o aforo limitado do Pavillón, é obrigatorio anotarse con antelación xa que temos que pasarlles o listado de participantes e as declaracións Covid.
En todo momento haberá que cumprir co protocolo FISIOCOVID TÁBOA-II-ESCALADA_PROTOCOLO_FISICOVID

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@.

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón