Rocódromo tempada 2021 Como todos os anos retomamos a clásica actividade do club no rocódromo. Esta actividade permite un uso do rocódomo conxuntamente tanto ós que xa levan tempo escalando como aos que estan comezando. Horario: O noso horario de uso do Rocódromo do Pavillón dos Remedios : mércores, xoves e venres de 11:30 a…
Rocódromo tempada 2021
Como todos os anos retomamos a clásica actividade do club no rocódromo. Esta actividade permite un uso do rocódomo conxuntamente tanto ós que xa levan tempo escalando como aos que estan comezando.
Horario:
O noso horario de uso do Rocódromo do Pavillón dos Remedios :
mércores, xoves e venres de 11:30 a 13:30 horas nos que estará dispoñible o material propio do Club
Na seguinte ligazón atoparás as Normas de uso da instalación no horario do Club Alpino Ourensán.Normas uso rocódromo 2021
Lembra que para facer uso do mesmo deberás facer a inscrición previa e cubrir a declaración Covid.AnexoIIDecla e envialo todo o correo:[email protected]
Debido o aforo limitado do Pavillón, é obrigatorio anotarse con antelación xa que temos que pasarlles o listado de participantes e as declaracións Covid.
En todo momento haberá que cumprir co protocolo FISIOCOVID TÁBOA-II-ESCALADA_PROTOCOLO_FISICOVID
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.
O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión