Rocódromo tempada 2022-2023 (01/10/2022-31/05/2023) Aclaracións uso do rocódromo: • As normas xerais de uso do roco seguen sendo as indicadas máis abaixo. • As persoas usuarias do rocódromo deben ter autonomía (saber asegurar e asegurarse e abrir as vías) e dispoñer de material propio. • Existe un grupo de Telegram no que as persoas socias…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 31 de Maio podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Rocódromo tempada 2022-2023 (01/10/2022-31/05/2023)
Aclaracións uso do rocódromo:
• As normas xerais de uso do roco seguen sendo as indicadas máis abaixo.
• As persoas usuarias do rocódromo deben ter autonomía (saber asegurar e asegurarse e abrir as vías) e dispoñer de material propio.
• Existe un grupo de Telegram no que as persoas socias anotadas nesta actividade se coordinan para asistir ao rocódromo. Avisade no teléfono do club (642 97 31 58) se queredes que vos inclúan nese grupo.
• Só no horario do mércores pola mañá(11:30-13:30) e xoves de 20:00 a 21:30 pódese escalar con material do club. Se aparece algunha persoa voluntaria poderíase ampliar esta posibilidade a outro horario.
Como todos os anos retomamos a clásica actividade do club no rocódromo. Esta actividade permite un uso do rocódomo conxuntamente tanto ós que xa levan tempo escalando como aos que están comezando.
Lembra que para facer uso do rocódromo deberás facer a inscrición previa e adxuntar o ANEXO II modelo declaración responsable e aceptación de condicións de participación e de información sobre a COVID-19 na volta aos adestrementos e competicións deportistas.
ANEXO II MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE E ACEPTACIÓN DE CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN E DE
Horario:
O horario de uso do Pavillón dos Remedios :
Luns : 9:00-16:00 / 20:00-23:00
Martes : 9:00-16:00 / 21:30-23:00
Mércores: 9:00-16:00
Xoves : 9:00-16:00 / 20:00-23:00
Venres : 9:00-16:00 / 21:30-23:00
* con material propio, os mércores de 11:30 a 13:30 e xoves de 20: 00 a 21:30 nos que estará disponible o material propio do Club ( o horario con material do club poderá ir cambiando e se irá notificando no grupo que se cree para informar sobre as novidadades do rocódromo)
* os horarios serán compartidos con Asesou
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade e ter pagado o abono de acceso o Pavillón dos Remedios
Prezo:A actividade é gratuíta.
Na seguinte ligazón atoparás as Normas de uso da instalación no horario do Club Alpino Ourensán Normas uso Roco 2022-2023