Rocódromo tempada 2024-2025(01/10/2024-31/05/2025) Como todos os anos retomamos a clásica actividade do club no rocódromo. Esta actividade permite un uso do rocódomo conxuntamente tanto ós que xa levan tempo escalando como aos que están comezando. Aclaracións uso do rocódromo: • As normas xerais de uso do roco seguen sendo as indicadas máis abaixo. • As…
Rocódromo tempada 2024-2025(01/10/2024-31/05/2025)
Como todos os anos retomamos a clásica actividade do club no rocódromo. Esta actividade permite un uso do rocódomo conxuntamente tanto ós que xa levan tempo escalando como aos que están comezando.
Aclaracións uso do rocódromo:
• As normas xerais de uso do roco seguen sendo as indicadas máis abaixo.
• As persoas usuarias do rocódromo deben ter autonomía (saber asegurar e asegurarse e abrir as vías) e dispoñer de material propio.
• Existe un grupo de Telegram no que as persoas socias anotadas nesta actividade se coordinan para asistir ao rocódromo. Avisade no teléfono do club (642 97 31 58) se queredes que vos inclúan nese grupo.
• Só no horario do luns de 20:00 a 22:00 e martes de 20:00 a 21:30 pódese escalar con material do club. Se aparece algunha persoa voluntaria poderíase ampliar esta posibilidade a outro horario.
Lembra que para facer uso do rocódromo deberás facer a inscrición previa
Horario:
O horario de uso do Pavillón dos Remedios :
Luns : 9:00-14:00 / 20:00-23:00
Martes : 9:00-14:00 / 20:00-21:30
Mércores: 9:00-14:00/ 21:30-23:00
Xoves : 9:00-14:00 / 21:30-23:00
Venres : 9:00-14:00 / 20:00-23:00
* os horarios son compartidos con Asesou
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade e ter pagado o abono de acceso o Pavillón dos Remedios
Prezo:A actividade é gratuíta.
Na seguinte ligazón atoparás as Normas de uso da instalación no horario do Club Alpino Ourensán Normas uso rocódromo 2023 -2024